BREAKING NEWS
latest

468x60

header-ad

Tensión evidente : Deputación de Pontevedra da la espalda al sector mar-industria...

O PP acusa ao PSOE provincial de facer seguidismo a Pedro Sánchez en lugar de defender ao sector mar-industria nesta provincia
  • O deputado Javier Tourís lamenta que na Deputación de Pontevedra fose imposible aprobar por unanimidade o mesmo que se aprobou na Deputación da Coruña.
  • Recorda que o regulamento de costas non está paralizado e que a propia Ministra dixo que se vai aprobar en marzo.
  • Considera que as mentiras dos socialistas galegos e da provincia sobre a modificación do regulamento son porque “no fondo, saben o dano que vai supor para un sector fundamental”. 
O grupo provincial do Partido Popular acusa o PSOE de Pontevedra e ao Goberno provincial de facer seguidismo de Pedro Sánchez en lugar de defender ao sector-mar industria desta provincia. “E por ese seguidismo a Pedro Sánchez prefiren mentir, manipular e insistir en que ese regulamento está parado e non dar a cara e defender ao sector frente a Madrid, co apoio cómplice dos deputados do BNG”, sinala o deputado do PP Javier Tourís.
Por iso, lamenta que na Deputación de Pontevedra non se aprobase o venres por unanimidade o mesmo acordo que na Deputación da Coruña se fixo como declaración institucional, máis aínda cando hai dous deputados, a do Grove e o de Poio, que nos seus respectivos concellos votaron a favor de sacar do Ministerio o regulamento de Costas. Ademais, aclara, que o que votaron PSOE e BNG foi en contra de paralizar o regulamento, “e así o recollerá a acta do pleno”.

“Como van explicar aos seus veciños que votan unha cousa no concello e a contraria na Deputación? Como explican que votan nos concellos a favor da moción do sector para que o ministerio anule esta modificación, e días depois votan en contra do sector do mar e, polo tanto, a favor de que o Ministerio continúe coa modificación do regulamento?”, pregunta Tourís.
Nesta liña, sinala que o sector “está moi preocupado” por todos os bandazos que está dando o Goberno central e o PSOE con este asunto, que o único que fai é crear máis inseguridade aínda. Tourís recorda que o regulamento non está parado. “Por moito que insista o PSOE de Pontevedra e o Goberno da Deputación, a modificación do regulamento segue adiante, tal e como avanzou a Ministra de Transición Ecolóxica, que datou que vai chegar ao Congreso en marzo”. Por iso, engade, “como gobernan pola mañá e fan oposición pola tarde, primeiro din que non hai regulamento, logo que que está paralizado e ao final temos data no Congreso, o que reclama o sector do mar-industria é o compromiso do Ministerio por escrito, de que a modificación do regulamento se para. Ese escrito con ese compromiso non existe”.
O deputado provincial considera que “o tsunami de Pedro Sánchez e o PSOE pode arruinar ao sector do mar-industria cun regulamento que ninguén pediu, e a responsabilidade do Goberno desta Deputación e dos socialistas da provincia é explicarlles o que supón para Galicia e para a nosa provincia”. Pero o problema, engade, é que “no PP xuramos cargo para defender aos galegos, mentres os socialistas desta provincia xuran cargo para defender ao PSOE”. 

Ademais, Tourís lamenta que desde PSOE e BNG se cuestionase na Deputación de Pontevedra o contido da moción, unha moción que sae do sector do mar-industria, pola preocupación que lle xera todo isto. “E non é para menos, tendo en conta todas as informacións que se están dando, todos os vaivéns do goberno e, sobre todo, as mentiras e manipulación do PSOE galego e desta provincia porque, no fondo, saben o dano que esta modificación do regulamento vai supor para un sector fundamental na nosa provincia”. Por último, recorda que están en xogo milleiros de postos de traballo en cocedeiros, depuradoras, conserveiras, bateas.... e tamén milleiros de postos indirectos. Polo de pronto, sinala, hai unha piscifactoría en Cee que xa ten orde de peche para marzo do ano que vén.


« PREV
NEXT »