Responsive Ad Slot

Latest

latest

Deputación : la Oposición reta a Silva&cía a mojarse ante la deuda del Estado a los gallegos

O Partido Popular busca apoio na Deputación para esixir ao Goberno central que pague o que debe aos galegos
Cubela recorda que á provincia corresponderíanlle preto de 130 millóns de euros -70 millóns do IVE- para a sanidade, a educación e os servizos sociais dos concellos. /// “O impacto económico desta decisión pode supor unha perda de recursos para os veciños dos concellos da provincia, polo que a Deputación, o concello dos concellos, non pode permanecer allea a esta reivindicación”.
O grupo provincial do Partido Popular buscará apoios na Deputación de Pontevedra para reclamar ao Goberno central que pague os 370 millóns de euros que debe aos galegos, incluídos os 200 millóns do IVE. Será a través dunha moción que defenderá no pleno provincial de febreiro, e que xa foi aprobada por unanimidade nas Deputacións da Coruña e Lugo, e tamén noutros moitos concellos galegos e da provincia.

Cubela recorda que son aproximadamente 130 millóns de euros _incluídos os 70 millóns do IVE_ os que a provincia non está recibindo para a sanidade, a educación e os servizos sociais nos concellos. “Son cartos que xa deberían estar transferidos á Xunta de Galicia. No caso do IVE, son cartos de todos os galegos, que o Goberno xa recadou, e o Goberno ten no seu poder e que se nega a transferirnos”, denuncia.

Por iso, di que “o impacto económico desta decisión do Goberno central afecta directamente ao sistema de financiamento autonómico, pero tamén pode supor unha perda de recursos para os veciños dos concellos da provincia, polo que a Deputación, o concello dos concellos, non pode permanecer allea a esta reivindicación.
E, por iso, “porque son cartos necesarios para pagar a sanidade, a educación e os servizos sociais dos galegos e, polo tanto, tamén dos pontevedreses, reclamaremos ao Goberno da Deputación que se poña do lado dos veciños para defender os seus intereses. Outra posición non se entendería”. 


Un dos acordos que propoñen desde o grupo popular é declarar o apoio da Deputación ás reivindicacións da Xunta, e que tamén están facendo outras comunidades socialistas como por exemplo Aragón ou Castela-A Mancha, ao Goberno de España para que ingrese as contías do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) non liquidadas correspondentes ao exercicio 2017 como consecuencia da implantación do sistema de Información Inmediata. Asemade, piden que se convoque de forma urxente o Consello de Política Fiscal e Financeira cunha orde do día que inclúe un punto específico para abordar a aprobación a Galicia dos incentivos polo seu bo desempeño fiscal nos anos 2017 e 2018.





Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo