Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O Partido Popular acusa ao PSdeG de usar a Zona Franca para mercar Alcaldías como a da Cañiza

O Partido Popular acusa ao PSdeG de usar a Zona Franca para mercar Alcaldías como a da Cañiza

O secretario xeral do PP provincial, José Manuel Cores Tourís, pregunta aos socialistas se ese é o seu modelo político na provincia
Recorda que o lider do PSdeG na Cañiza comparte a dirección dos socialistas en Pontevedra co delegado de Zona Franca, David Regades
“O Partido Socialista está disposto a todo, incluso a pactar con aqueles aos que chamou machistas e xenófobos”
O secretario xeral do Partido Popular provincial de Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acusou hoxe ao PSdeG de usar cartos públicos da Zona Franca para mercar Alcaldías como a da Cañiza. “Cal é a estratexia global de Zona Franca para prometerlle ao candidato de Ciudadanos investimentos no concello? Que estudo empresarial ten feito a Zona Franca para investir na Cañiza?”, pregúntase Tourís. 
Ciudadanos rachou as negociacións co Partido Popular para que o actual rexedor e candidato da lista máis votada, Miguel Domínguez, seguise á fronte do Concello. Nas dúas reunións mantidas houbera moita sintonía e o PP aceptara todas as peticións formuladas polo candidato de Cs. A sorpresa chegou cando esas conversas racharon e Ciudadanos anunciou un acordo co PSdeG.
“O que nos preguntamos é se este é o modelo político dos socialistas para a provincia”, sinalou Tourís, quen recordou que o que previsiblemente se converterá en alcalde mañá sábado, Luis Piña, é secretario de Organización do PSdeG na provincia, na directiva que encabeza o secretario xeral, David Regades, actual delegado de Zona Franca.
“O Partido Socialista está disposto a todo por conseguir alcaldías que non logrou nas urnas, aínda que iso supoña pactar con aqueles aos que critican a diario, como fixo esta mesma semana Carmela Silva con Ciudadanos, aos que chamou machistas e xenófobos”, resaltou o secretario xeral do PP da provincia de Pontevedra.

Tourís non esqueceu as súas críticas a Ciudadanos: “Aínda estamos agardando a que os líderes nacionais deste partido expliquen como é posible que consideren ao Partido Popular como socio preferente e agora pacten co PSOE na Cañiza sen que ninguén teña nada que dicir”.




Ad Code

Responsive Advertisement