Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El invierno que queda atrás fue cálido y seco en Galicia

Galicia viviu un inverno cálido e seco, con temperaturas medias que se situaron por riba dos valores esperados e un déficit de precipitacións de case o 30% con respecto ao habitual nesta época do ano. Así se conclúe no informe estacional elaborado por MeteoGalicia, no que se comparan os rexistros de temperatura e chuvia dos últimos tres meses co período histórico de referencia 1981-2010.
Concretamente, a estación caracterizouse en Galicia por presentar unhas temperaturas máis elevadas do habitual, especialmente polo que respecta ás máximas, que rexistraron valores altos, mentres que as mínimas se mantiveron dentro da normalidade. Así, a anomalía media que rexistraron os termómetros neste período foi de 0,73 graos máis respecto ao habitual, unha desviación que permite concluír que este inverno, cunha temperatura media de 9,2 graos centígrados, foi cálido no conxunto da comunidade.

En canto á análise detallada por meses, cómpre subliñar que foi unha estación marcada polos extremos. De feito, decembro e febreiro foron moi cálidos debido á influencia das borrascas atlánticas e ás situacións anticiclónicas que se viviron durante gran parte destes meses. O inverno precedente máis cálido foi o de 2015-2016.
No caso concreto de febreiro, hai que remontarse ata o ano 2008 para atopar un mes no que tanto as temperaturas máximas como as medias fosen máis altas. Pola contra, xaneiro foi moi frío, cun predominio de ceos despexados e bo tempo sobre todo durante a primeira quincena que o sitúan como o mes máis frío rexistrado en Galicia desde 2006.

Polo que respecta ás precipitacións, a estación caracterizouse en xeral na comunidade por ser seca, cun déficit hídrico do 27% respecto aos valores habituais para esta época do ano. Así, tendo en conta os datos das 16 estacións meteorolóxicas máis representativas, os valores medios de chuvia recollida en Galicia foron de 323 litros por metro cadrado, mentres que as cifras máis baixas de precipitacións déronse no municipio de Verín e na comarca de Valdeorras, onde non se chegou a 50 litros por metro cadrado.
Con todo, tamén houbo excepcións e nas comarcas lucenses de Ancares e A Fonsagrada, por exemplo, recolleuse neste trimestre un 68% máis de precipitacións do habitual para ambas zonas.






Ad Code

Responsive Advertisement