Portugal y Galicia buscan aproximar posiciones de colaboración activa en materia de Turismo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, reuniranse este mércores co ministro Adxunto e de Economía de Portugal, Pedro Siza Vieira, para abordar colaboracións en materia de turismo e Xacobeo, unha prioridade para o Goberno galego ante a proximidade do Ano Santo 2021.
Está previsto tratar cuestións como a coordinación na sinalización do Camiño de Santiago, a mellora das conexións, e o desenvolvemento de accións específicas de coordinación entre a comunidade autónoma e Portugal. 
Ademais, tamén aproveitarán para avaliar outros asuntos de especial relevancia e que afectan tanto a Galicia como a Portugal, como o reto demográfico e as cuestións económicas, industriais e empresariais.
Este encontro inscríbese nas relacións de colaboración e cooperación que mantén Galicia co país veciño, especialmente a través da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, todo un referente en materia de cooperación a nivel internacional desde hai case 30 anos
Ministro da Economía
Pedro Siza Vieira é o Ministro Adxunto e da Economía do Goberno portugués. Entre as súas competencias, está a promoción do turismo; a economía o comercio e consumo; a posta en valor do interior; a loita contra o declive demográfico e a dinamización das áreas fronteirizas.





Copyright © RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Designed by OddThemes