Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Mientras Caballero y Lores tienen privados a sus ciudadanos de beneficio tan importante : el Plan de Transporte Metropolitano triunfa en toda Galicia con ahorros tan sustanciales

O PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO PERMITIU BONIFICAR EN 2018 CASE 15 MILLÓNS DE VIAXES EN AUTOBÚS EN GALICIA, UN  4,5 % MÁIS QUE O ANO ANTERIOR
A área da Coruña rexistrou en 2018 a cifra máis elevada de movementos con 6,4 millóns de viaxes, seguido polos máis de 3 millóns de Vigo e 2,9 de Santiago --- O Plan segue a sumar usuarios, pois no último ano emitíronse unhas 19.400 novas tarxetas, sumando ao final de 2018 un total de 293.550 dispositivos activos, o que supón un incremento de máis do 7% con respecto ao ano anterior --- No 2018 emitíronse máis de 7.200 tarxetas Xente Nova, que sumadas ás xa activas, permitiron realizar 1,7 millóns de viaxes gratuítos aos menores de 19 anos --- Os mozos da área da Coruña encabezan o número de viaxes bonificados, con máis de 694.400, seguidos das de Santiago, con 395.500 ---- Os datos rexistrados recollen que na área de Vigo se bonificaron máis de 250.000 viaxes coa tarxeta Xente Nova ---- A Xunta segue a impulsar este programa social para fomentar o uso do transporte público colectivo ao tempo que se axuda á economía das familias

O Plan de transporte metropolitano permitiu bonificar en 2018 case 15 millóns de viaxes en autobús en Galicia, un 4,5 % máis que o ano anterior.
A área da Coruña rexistrou a cifra máis elevada de desprazamentos, contabilizándose neste período máis de 6,4 millóns de viaxes, seguida da de Vigo, con  máis de 3 millóns e a de Santiago, con preto de 2,9 millóns. Na área de Ferrol, o número de desprazamentos ascendeu a máis de 2,4 millóns de viaxes e na de Lugo, a máis de 116.000.
Este plan segue a sumar usuarios, como demostra as preto de 19.400 novas tarxetas  emitidas ao longo do último ano, contabilizándose ao final de 2018 un total de 293.550 dispositivos activos, o que supón un incremento de máis do 7% con respecto ao ano anterior. Aquí as cifras sitúan a área da Coruña co maior número de dispositivos expedidos, superando os 125.370, seguida das de Ferrol e Santiago, con máis de 58.585 e de 55.535 dispositivos. Nesta provincia, os concellos da Coruña, Ferrol, Santiago, Culleredo, Oleiros, Ames, Cambre ou Arteixo son os núcleos onde hai máis usuarios con viaxes bonificados.
Na área de Vigo, no 2018 o número de tarxetas de Transporte Metropolitano expedidas superan as 48.160, sendo os concellos de Vigo, Cangas, Moaña, Redondela, Nigrán e Baiona os que rexistraron un maior volume de novos dispositivos expedidos. Na área de Lugo contabilizáronse no último ano un total de 5.625 dispositivos. 

Tarxeta Xente Nova
No balance da evolución do transporte metropolitano, cabe salientar os máis de 1,7 millóns de viaxes realizados polos usuarios das máis de 49.480 tarxetas Xente Nova activas, das que máis de 7.200 foron expedidas no 2018, e que permitiron aos menores de 19 anos viaxar de xeito gratuíto nos autobuses metropolitanos.
Os usuarios do dispositivo Xente Nova da área da Coruña encabezan o número de desprazamentos bonificados, con máis de 694.400 viaxes e 16.287 tarxetas, seguidos dos mozos e as mozas da área de Santiago, con máis de 395.500 viaxes e 8.631 tarxetas. E os viaxes bonificados na área de Ferrol foron máis de 359.236, onde están operativas 6.985 destas tarxetas.
Os datos rexistrados polo departamento de Mobilidade da Xunta recollen ademais que, na área de Vigo bonificáronse máis de 250.000 viaxes e hai 12.418 tarxetas Xente Nova, mentres que en Lugo realizáronse case 24.000 percorridos e contabilízanse case 1.000 dispositivos. 
Cómpre lembrar que os bos datos de usuarios e viaxes do programa Xente Nova, activado pola Xunta no verán do 2016, supón o afianzamento da  implantación desta nova tarifa que vai dirixida ás persoas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos, incluídos, -tendo en conta que os menores de 4 anos xa viaxan de balde nos autobuses metropolitanos-, que será de cero euros nas viaxes de carácter interurbano realizadas dentro do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia.
O obxectivo da iniciativa é facilitar o acceso da mocidade aos servizos básicos como a sanidade ou a educación, fomentando o emprego do transporte público, formando ás novas xeracións no seu uso, ao tempo que se axuda de forma substancial ás economías familiares.

Plan social de transporte
O Plan de Transporte Metropolitano é un programa social impulsado pola Xunta que persegue fomentar o uso do transporte publico colectivo ao tempo que axuda, de xeito importante, á economía das familias.
Coa posta en marcha do Plan a comunidade galega dotouse dun sistema de transporte no que os galegos ademais de obter importantes bonificacións no prezo do billete, tamén poden dispor das vantaxes que lles ofrece un sistema de transporte público eficiente que permite a liberación de espazo físico no centro das cidades; reduce a contaminación; e contribúe á desconxestionar e a unha maior fluidez nos tráficos.  
Este plan, que mediante o uso da Tarxeta de Transporte Metropolitano permite descontos medios do 50% nas viaxes interurbanas, achegando a Xunta de Galicia o 80% do financiamento desas bonificacións no prezo do billete e o conxunto dos concellos o 20% restante. A administración autonómica custea tamén as bonificacións adicionais do 15% que se aplican a usuarios frecuentes, aqueles que realicen máis de 40 viaxes nun mes, así como os descontos extra de ata o 50% para familias numerosas.
Especialmente atractiva para os cidadáns é a medida posta en marcha pola Xunta en agosto de 2016: a  tarxeta Xente Nova, coa que o transporte interurbano metropolitano é gratis para os menores de 19 anos. 



Ad Code

Responsive Advertisement