FEIJÓO TRASLADA AOS NOVOS DIRECTIVOS DE PSA O COMPROMISO DE CONTINUAR TRABALLANDO XUNTOS PARA QUE VIGO SIGA A SER UNHA DAS FÁBRICAS DE MAIOR COMPETITIVIDADE DE EUROPA E DE ESPAÑALembra Feijóo que a Xunta está a acompañar ao sector e a PSA no eido da innovación e da formación tanto de empregados novos, como na formación continua dos máis de 4.500 empregados da factoría de Balaídos de cara a fabricación de novos modelos
Sobre a subestación, di que esta demanda foi incluída polo Goberno de Rajoy, dentro dos investimentos entre os anos 2015 e 2020, e ratificado polo actual. “Polo que entendemos que este
Goberno ten que proseguir con este compromiso”, di o presidente da Xunta.
Incide en que o encontro serviu, en definitiva, para ratificar a colaboración entre PSA e Xunta, co obxectivo de seguir impulsando un sector estratéxico para Galicia, que produce o 15%
de vehículos que se fabrican en España.