Conselleira de la Xunta denuncia abiertamente el abandono del Ferrocarril gallego por parte del Gobierno central
Hace tiempo que lo venimos diciendo : el trato de segunda división que los sucesivos Gobiernos centrales de España vienen dando al Ferrocarril gallego es no solo alarmante, sino tremendamente escandaloso y todo un agravio. Y aunque la Xunta de Galicia de vez en cuando protesta por lo que viene sucediendo, no es menos cierto que no lo hace con la persistencia y machaconería que necesita la lamentable situación que nos ocupa. No somos alarmistas los que, a través de los medios de comunicación, hace mucho tiempo que venimos denunciando una y otra vez lo que pasa...
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade interveu no Parlamento de Galicia
ETHEL VÁZQUEZ REPRÓCHALLE AO GOBERNO DE ESPAÑA QUE O COMISIONADO DO CORREDOR ATLÁNTICO NIN SE REÚNA COA XUNTA NIN PRESENTE PROXECTOS DO NOROESTE Á CONVOCATORIA DE FONDOS EUROPEOS
- Vázquez Mourelle explica que a UE destina este ano 6.300 M€ á rede europea de transportes, dos que 250 M€ serán para España, pero ningún para Galicia
- Critica que o esbozo do Plan Director presentado ten ausencias tan clamorosas como a Saída Sur de Vigo e só recolle un orzamento de 1.100 M€, fronte aos 8.000 M€ que o noroeste precisa
- Reclama o mesmo compromiso do Goberno de España co Corredor Atlántico e co noroeste, que co Levante e co Corredor Mediterráneo
- Lamenta que os cidadáns da Coruña, Vigo, Santiago e Pontevedra non teñan AVE nin saiban cando o van ter, ao non concretar o Goberno cando e cantos trens AVRIL vai destinar a Galicia
- Recorda que o Executivo non elaborou en 5 anos un plan de investimentos para impulsar o AVE Vigo-Porto, aproveitando o compromiso do Goberno portugués e os fondos europeos
Ethel Vázquez reprochoulle ao Goberno de España que o Comisionado do Corredor Atlántico nin se reúna coa Xunta nin presentase proxectos do noroeste á convocatoria de fondos europeos.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade criticou no Parlamento de Galicia que, pese ás reiteradas peticións de xuntanza da Xunta, e 5 meses despois do seu nomeamento, o Comisionado evita reunirse co Goberno galego.
Lamentou que o Comisionado non teña interlocución co Executivo autonómico, pero tamén que a estas alturas tampouco haxa fondos europeos para os proxectos do Corredor, xa que se vén de confirmar que o Goberno de España non presentou proxectos.
Explicou que a Unión Europea vai destinar este ano 6.300 M€ a impulsar a rede europea de transportes, dos cales 250 M€ serán para España, pero ningún para Galicia nin para o noroeste.
Salientou que Galicia segue esperando polo Plan Director do Corredor Atlántico, xa que o esbozo que presentara en Xixón ten clamorosas ausencias, ao non incluír a Saída Sur de Vigo ou as variantes dos Peares, Canabal, Monforte, Covas e Manzanal, e contabiliza como investimentos actuacións xa executadas no Eixe Atlántico ou na liña de AVE Madrid-Galicia.
Criticou que este plan do Goberno só recolle unha oitava parte do orzamento preciso, tan só 1.100 M€, fronte aos 8.000 M€ que se estiman necesarios no noroeste peninsular, tras realizar unha análise e avaliación rigorosa.
Manifestou a inquedanza da Xunta ao ver que a infraestrutura de Galicia está estancada mentres a doutros territorios progresa, polo que reclamou o mesmo compromiso, responsabilidade e atención do Goberno ao Corredor Atlántico que o que lle dá ao Levante e ao Corredor Mediterráneo.
Lamentou a falta de impulso nas infraestruturas estais en Galicia, especialmente nas ferroviarias, xa que os cidadáns da Coruña, de Vigo, de Santiago e de Pontevedra non teñen AVE nin saben cando o van ter, ao non concretar o Goberno cando e cantos trens AVRIL vai destinar á comunidade; e os cidadáns de Lugo e de Ferrol terán que agardar aínda máis pola alta velocidade, xa que o Goberno de España non está a acometer os investimentos precisos que permitan achegar a estas dúas cidades ao AVE.
Lembrou que tamén seguen pendentes as obras de modernización da rede ferroviaria interior, cunha liña sen variantes no corredor Ourense-Monforte-Lugo, sen avances na liña A Coruña-Ferrol nin na conexión A Coruña-Lugo e sen os investimentos precisos na liña de vía estreita entre Ferrol e Ribadeo.
Ademais recordou que o actual Executivo, tras 5 anos, non foi quen de elaborar un plan de investimentos e un calendario para impulsar o AVE Vigo-Porto, aproveitando o compromiso do Goberno portugués con esa conexión e a oportunidade dos fondos europeos.