jueves

Senadora Rojo advierte al Gobierno que está obsesionado con el Corredor Mediterráneo en detrimento del Atlántico

Hoxe, na comisión de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana do Senado.
Pilar Rojo reclama ao Goberno “máis investimentos e prazos concretos” para impulsar o corredor atlántico.

A iniciativa do PP sae adiante con 11 votos a favor, 3 en contra e a abstención do grupo socialista.

“Pedimos que non se agrande a brecha existente co corredor mediterráneo. Ambos son importantes para todo o país, e ambos deben ir en paralelo”.

Lamenta que o PSOE en Madrid non votase a favor de unha reclamación unánime do Parlamento galego, de tres comunidades autónomas do norte de diferentes cores políticos, da sociedade e das asociacións empresariais galegas.


A senadora do PP de Pontevedra, Pilar Rojo, reclamou hoxe ao Goberno central “apoio e compromiso reais co corredor atlántico, unha infraestrutura imprescindible e vital para Galicia, para aumentar a súa capacidade e competitividade e para garantir o desenvolvemento, sen desequilibrios, de todo o territorio nacional”. Foi durante a comisión de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana no Senado, na que a popular defendeu que “é momento dos feitos, de comprometerse con máis investimentos e prazos concretos, e deixarse dos brindes ao sol que tanto lle gustan a este Goberno”. A iniciativa do PP saíu adiante con 11 votos a favor, 3 en contra e a abstención do grupo socialista.
Rojo dixo que, “despois de que o Goberno desaproveitase a oportunidade de apostar polo corredor atlántico nos orzamentos xerais do Estado para 2021, tal e como reclamou o PP, agora ábrese unha nova oportunidade cos fondos europeos para avanzar e competir en igualdade de condicións”. Por iso, insistiu na importancia de que se destinen “os mesmos investimentos e se manexen os mesmos prazos” para Galicia que para outros corredores do país. “Pedimos que non se agrande a brecha existente co corredor mediterráneo. Ambos son importantes para todo o país, e ambos deben ir en paralelo”. Para iso, a iniciativa do PP reclama que o Goberno central mobilice o fondo 2021-2027 e outros fondos extraordinarios da UE para impulsar o corredor atlántico, que mellore as conexións con Portugal coa saída sur de Vigo, que atenda á intermodalidade na conexión do porto e do tren e que se estableza un plan director do corredor ferroviario atlántico.
“Trátase de garantir a equidade, coherencia e igualdade no reparto de fondos, e apostar de xeito claro pola modernización ferroviaria do noroeste e do corredor atlántico”, defendeu.
Por último, afeou que o PSOE en Madrid se abstivese e non apoiase con determinación unha reclamación unánime do Parlamento galego, de tres comunidades autónomas do norte de diferentes cores políticos, da sociedade e das asociacións empresariais galegas.