Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación) El bigobierno marca territorio colocando una llamativa escultura en la escalitana principal

A vangardista aperta da escultora Soledad Penalta "destinada aos concellos e á veciñanza da provincia" ocupa dende hoxe o emblemático espazo da escalinata interior central do Pazo da Deputación. “Esta escultura representa o mellor da sociedade” asegurou a presidenta Carmela Silva no acto de inauguración da obra ao referirse a que simboliza “un mundo local con inmensa capacidade de transformación” e racha coa histórica “preponderancia masculina nas institucións, amosando unha forma diferente de ver o mundo, a provincia e a Deputación que temos que construír, onde as mulleres ocupen todo o espazo público”. O acto, que contou coa escenografía dun pano vermello que se descolgou para descubrir a obra, foi presidido por Carmela Silva, acompañada da propia artista Soledad Penalta, do vicepresidente, Cesar Mosquera, e das deputadas e deputados do goberno. 

A presidenta provincial lembrou que “ata agora a historia da Deputación de Pontevedra escribiuse con nome de home, non hai máis que ir á Sala de Comisións para afirmar que aquí o masculino tiña unha enorme preponderancia”. Deste xeito, recordando amais que este ano se cumpre o 185 aniversario da constitución da Deputación e o 130 da finalización do edificio do Pazo, “quixemos facer un xesto de transformación, xa visible nas decisións políticas e accións que desenvolvemos, e situar nun lugar emblemático do Pazo provincial unha escultura que simboliza aos concellos da man dunha muller, dunha das grandes artistas galegas, Soledad Penalta, que vai quedar aquí para sempre”. 


A peza, de preto de 100 quilos de peso e 2,7 metros de alto por 2,10 de ancho, simula, como explicou a súa autora Soledad Penalta, “unha gran aperta, unha gran acollida e o desexo desta institución de axudar aos municipios e comarcas que integran a provincia”. Está elaborada en aceiro inoxidable e inclúe o nome de todos os concellos e comarcas manuscrito pola escultora en cintas metálicas que caen, tal e como detallou, “de xeito dinámico, con movemento e sen forzar, formando esa cascada que simboliza a protección desta administración, e con son, como asubíos do vento cara o progreso, para ir cara adiante”.


A presidenta detallou a importancia da escultura: “Agora, contamos cunha obra do século XXI, cunha escultura que representa o poder dos concellos da man dunha muller”.  Tamén recordou que, amais, “coa escultura estase a tapar algo intolerable: unha gravación enxalzando o peor da historia do noso país, relacionada co ditador Franco e tamén a rachar co protagonismo do masculino no espazo público”. 


O vicepresidente Mosquera amosou a súa grande satisfacción “ pola retirada das placas de loa a Franco e ao Borbón Xoán Carlos I”. Destacou que o cambio “pode aparentar un detalle menor, pero non o é: é moi transcendente, moi simbólico e moi potente” porque á Deputación suponlle “un reforzo na liña de transparencia, da proximidade á cidadanía, da equidade e da desaparición de certas prácticas que por desgracia duraron demasiado e afortunadamente hoxe están desaparecidas”. O vicepresidente parabenizouse por estar implicado “liderando este cambio” na imaxe da institución, aínda que destacou que queda moito por facer. Explicou que a participación do grupo provincial do BNG consistiu “na insistencia pesada que faciamos dicindo ‘Temos que quitar iso de aí, temos que quitar iso de aí’. O demais é mérito de quen tomou a decisión, a presidenta, e de quen fixo a obra”, explicou. Mosquera aproveitou a ocasión, ademais, para lembrar que el mesmo hai 18 anos dixera que a Deputación debía desaparecer e converterse no ‘Museo dos caciques’: “A razón é obvia e incluso hai unha canción popular que di ’Para caciques Pontevedra’. Ante ese contexto, e como a desaparición non foi posible por razóns coñecidas, tivemos a oportunidade de dedicarnos a erradicar esa traxectoria da Deputación, cambiarlle a imaxe e as prácticas e convertela nunha administración ecuánime, xusta e transparente na que todo o mundo ten as mesmas oportunidades”, insistiu. 


Soledad Penalta, escultora especializada en obras de aceiro e metal, leva case 40 anos de traballo nas súas costas tras recibir formación na Coruña, Barcelona, Italia e, entre outros lugares, Estados Unidos. Trátase dunha das poucas mulleres artistas da súa xeración que traballou na obra pública, realizando pezas de gran formato e empregando materiais pesados como o aceiro ou o ferro. Ten participado en exposicións individuais e colectivas en Galicia, París ou Florencia. Na nosa comunidade podemos atopar pezas súas en lugares públicos como o parque escultórico da Torre de Hércules ou o paseo marítimo de Baiona.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement