Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O BNG de Vigo urxe o Goberno local a actuar perante os graves e continuados incumprimentos na XER

O Bloque Nacionalista Galego vén de demandar o Goberno municipal de Vigo que actúe perante os reiterados e graves incumprimentos da empresa adxudicataria do servizo de Xestión de Estacionamento Regulado (XER).

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, mantivo un encontro coa representación sindical do persoal da empresa Dornier, adxudicataria da XER, no que se puxeron de manifesto os continuados incumprimentos do prego de condicións que rexe o servizo.

 

Igrexas denuncia que non se están a respeitar nin as ratios mínimas de persoal. “O prego indica claramente que ten que haber 18 controladoras e controladores nas 15 rutas deseñadas, e a media diaria é de só 8 e houbo xornadas con apenas 4”, advertiu.

 

Outra dos aspectos máis preocupantes son as graves deficiencias que presentan as máquinas expendedoras, con botoneiras incompletas e con reiteradas incidencias á hora de formalizar o pagamento, o que provoca “un evidente malestar entre as persoas usuarias que vén dificultada a utilización das vagas de aparcamento da zona azul”.

 

O portavoz municipal nacionalista tamén puxo o foco no feito de que, a piques de se cumpran tres anos da actual concesión, inda non se teñan instalado os primeiros nove puntos de recarga eléctrica para vehículos, comprometidos por Dornier.

 

Diante desta situación, que é coñecida desde hai tempo por parte das concellarías de Contratación e de Seguridade, Igrexas urxiu o Goberno local a actuar. “Non poden continuar ollando para outro lado, consentindo todos estes incumprimentos que ademais de afectar ás condicións de traballo do persoal inciden na calidade do servizo que se presta á cidadanía”, esixiu. Para Igrexas “non se pode seguir tolerando que empresas adxudicatarias incumpran por sistema os pregos coa complicidade do propio Concello”.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement