Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Letras Galegas) Este venres 14, inicio de xira en Galicia do espectáculo ‘X Xela’

O exterior do Pazo Provincial será escenario dun acto multidisciplinar cun concerto de A Banda da Loba, poesía e audiovisuais


A asistencia é gratuíta e pódese reservar praza en www.depo.gal


A DEPUTACIÓN ESTREA ESTE VENRES A XIRA DO ESPECTÁCULO  ‘X XELA’ PARA CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS 


O exterior do Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra será este venres 14 o escenario de inicio de xira en Galicia do espectáculo ‘X Xela’. Con este evento multidisciplinar programado pola para conmemorar as Letras Galegas iníciase unha programación da Deputación que, segundo explica a deputada de Lingua María Ortega, continuará todo o ano baixo o lema ‘365 días en galego’ con actividades dirixidas principalmente á xente moza “e o obxectivo de reivindicar a lingua propia como identidade e espertar a responsabilidade persoal da cidadanía para que non deixe de falar en galego”.


‘X Xela’ é dun espectáculo multidisciplinar no que todo tratará en torno a obra da autora misturando tres formatos (música, poesía e fotografía. “Será un show dinámico, atractivo e 100% feminino para homenaxear a unhapoeta tan singular”, apunta Ortega, que subliña que a asistencia é gratuíta, podendo reservar praza a través do formulario existente en www.depo.gal tanto para o acto de Pontevedra (14 de maio) como para o de Vigo (22 de maio), onde pechará a xira.


A parte musical do evento correrá a cargo da Banda da Loba, unha formación galega que está a revolucionar a música galega coa mestura de música e literatura, que musicará poemas de Xela Arias dende formatos máis tenros ata o punk rock pasando polo country ou o bolero. A parte de fotografía tómase das imaxes de Xulio Gil, viúvo da homenaxeada e Premio da Crítica Galega con máis de corenta anos de traxectoria.


A parte poética de ‘X Xela’, comisariada por Tamara Andrés, contará con catro poetas que representan, comparten a forza e a linguaxe poética da homenaxeada: “Helena Salgueiro, que ten a poesía incrustada no corpo; Estíbaliz Espinosa, unha poeta cos pés na terra, a ollada no ceo e a lingua e o corazón cheos de curiosidade; e Nuria Vil e Vanessa Glemsel, que teñen o proxecto ‘Dúas gamberras e un micro’, que son rebeldes e denunciadoras de desequilibrios e lanzan frases coma frechas. O espírito de Xela estará moi presente”, subliña a comisaria.


Máis actividades

Ademais dos espectáculos ‘X Xela’ a Deputación ten unha extensa programación destinada ás Letras Galegas 2021, segundo explica a deputada de Lingua María Ortega. En colaboración coa AELG realizaranse 20 obradoiros sobre Xela Arias a cargo da  xornalista e escritora Lara Dopazo Ruibal - encargada da parte de 3º e 4º da ESO-, mentres o obradoiro ‘Xelapalabra’ correrá a cargo do escritor Jesús Castro Yáñez e dirixirase a 4º, 5º e 6º de Primaria. Celebraranse nas vindeiras semanas en Pontevedra, Vigo, Marín, Tomiño, A Estrada, Fornelos, Oia e Agolada, onde os centros xa esgotaron as prazas da AELG, que teñen unha longa lista de agarda. 


Tamén haberá dúas exposicións, a primeira titulada ‘Lebres como gacelas’, que está inspirada en “Tigres como cabalos” a obra de Arias con fotografías de Xulio Gil e servirá de base para o concurso de fotografía e poesía que se lanzará dirixido ao alumnado Secundaria e Bacharelato. A outra exposición será ‘Xela Arias, a poesía do retrato’, en colaboración co Concello de Vigo, que reunirá poemas da autora xunto a retratos realizados por Xulio Gil durante os anos 80 e 90. 

Por último, programarase unha acción escénica no Castelo de Soutomaior para vincular a figura de Xela Arias coa de María Vinyals. Trátase de ‘Vencerse é unha cousa de se tratar’, unha proposta de Fernando Abreu na que participa Monica de nut, Pablo Carrera e Roi Fernández e baixo a direccion de Avelino González. 



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement