Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación) La Oposición restriega al bigobierno la sentencia judicial del IVA

Sobre a sentenza que obriga ao Goberno central a devolver a liquidación do IVE


Pardo: “Confiamos en que Carmela Silva e o PSOE aprendan que o seu papel na Deputación é defender aos veciños da provincia, non facer seguidismo de quen quería quitarlles os cartos”

  • Recorda que o bigoberno votou en contra dunha moción que presentou o grupo provincial popular en febreiro de 2020, para reclamar ao Goberno central eses cartos.

A deputada do grupo provincial do  Partido Popular, Pepa Pardo, convida a Carmela Silva e ao PSOE na Deputación de Pontevedra a reflexionar tras coñecer a sentenza que obriga ao Goberno central a pagar a Galicia os 200 millóns de euros que lle debía sobre a liquidación fiscal do ano 2017. “A Xustiza lembrou ao PSOE que non pode facer o que lle dea a gana. E confiamos que aprendan tamén na Deputación, xa que o seu deber é defender aos veciños e veciñas da provincia e non facer seguidismo de quen pretendía quitarlles o que é seu”.


Pardo recorda así que no pleno de febreiro de 2020, PSOE e BNG votaron en contra da moción que presentaron os populares para que a Deputación reclamase ao Goberno central “o que lle debía” aos galegos. “E a resposta foi a de sempre. Nesta Deputación a prioridade do PSOE sempre foi, e agora queda retractada, facer seguidismo de Pedro Sánchez, e a do BNG, alinearse coas directrices políticas dos seus socios de goberno, esquecéndose de defender os intereses da provincia”. 

Por iso, a popular esixe “un cambio de rumbo. A Deputación ten que volver a defender os intereses da provincia, non ser un instrumento de confrontación política permanente coa Xunta e defensa a ultranza do desgoberno de Pedro Sánchez”. Nesta liña, di que “mentres as deputacións da Coruña e Lugo, e moitos dos concellos da provincia e do resto de Galicia aprobaban esta moción por unanimidade, o que priorizou este Goberno foi o interese partidista, confundindo unha vez máis a institución co partido”.  

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement