Alcalde de Vigo defiende la necesidad de habilitar más puntos de vacunaciòn que el IFEVI

 Refere unha nota de prensa do Concello de Vigo : "O alcalde amosou esta mañá a súa vontade de cooperación coa Consellería de Sanidade para diversificar os lugares de vacinación na área sanitaria. Na súa opinión no é unha boa decisión dispoñer dun so lugar de vacinación nun área de máis de medio millón de persoas porque sempre vai xerar problemas. Neste punto, defendeu a necesidade de habilitar máis puntos como os centros de atención primaria dos distintos municipios -incluído o de Vigo - para o que o Concello facilitaría a gratuidade do aparcamento, ademais da labor de organización do tráfico da Policía Local. O alcalde tamén puxo a disposición da Xunta os pavillóns municipais dado que non parece razoable seguir mantendo exclusivamente esta actividade sanitaria no Ifevi".