Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Acto en el Castelo de Soutomaior en honor de doña Emilia Pardo Bazán

Na súa intervención, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, celebrou a extraordinaria decisión de celebrar este acto neste Castelo de Soutomaior que Emilia Pardo Bazán visitou tantas veces e coa profunda relación que mantivo cunha muller tan excepcional como María Vinyals, dúas mulleres universais e excepcionais”, dixo a presidenta. “Facer  aquí este acto significa poñer en valor a esas mulleres extraordinarias que son parte da nosa historia e que nos fan tamén un pobo máis excepcional e máis forte. Rememorar a Emilia é relacionala coa aquela outra muller incrible que foi María Vinyals”. Carmela Silva apelou a forte relación que uniu a Pardo Bazán coa provincia de Pontevedra. “Amaba esta provincia, da que falou tanto da súa historia e paisaxe pero tamén da súa modernidade. Emilia Pardo Bazán era das nosas, sinalou a presidenta, e estamos moi orgullosas e orgullosos da súa figura que as mulleres temos como unha grande referencia”. Carmela Silva reflectiu tamén sobre a súa permanente vocación de encontro. “Nestes tempos tan difíciles, de tanta confrontación, deberiamos volver a mirada a mulleres como ela e ver no debate e nas ideas diversas, a capacidade de construír un mundo diferente como ela defendía”.


Respecto á camelia que desde hoxe leva o nome de Pardo Bazán no Xardín do Castelo, a presidenta recordou que “as camelias están presentes constantemente na súa obra e nos seus escritos”. “Onde estea hoxe estará contenta porque mirará que os principios que defendeu, que ela sembrou, están a crecer igual que vai crecer esa camelia”. Carmela Silva rematou agradecendo a Carmen Salinero o seu traballo por facer posible que a camelia sexa tan potente nesta provincia e que o Xardín de Excelencia Internacional do Castelo de Soutomaior dispoña hoxe deste espacio de camelias con nome de muller. De feito, anunciou, a propia Salinero dará nome proximamente a unha nova camelia neste xardín.

Pola súa banda, o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que se uniu á felicitación a Carmen Salinero, agradeceu a escolla de Soutomaior para celebrar o acto do centenario do pasamento de Emilia Pardo Bazán, “e a implicación persoal da presidenta provincial en todo aquelo que ten que ver con este Castelo. “Cando falamos de Emilia Pardo Bazán falamos dunha muller que foi un referente e que ten moi merecido todos os actos que hoxe estamos a facer en Galicia. É moi importante, subliñou, que nenas e nenos saiban quen foron as mulleres que tanto loitaron polos dereitos que hoxe desfrutamos todas e todos”. 



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement