Vigo) A segunda edición do Terraceo ofrecerá 33 concertos con 39 artistas

A segunda edición do Terraceo ofrecerá 33 concertos con 39 artistas no Mar de Vigo.

O alcalde de Vigo anunciou a ampliación do Festival Terraceo que conta xa con 33 concertos e 39 artistas. Neste 2021, haberá nove actuacións de solistas e grupos femininos, ademais de contar coa presenza de Los Secretos e de dobres sesións dos espectáculos de Carlos Sadness e Andrés Suárez.


A segunda edición do Festival Terraceo ten xa en cartel un total de 33 concertos nos que participarán 39 artistas. Entre as novidades do segundo avance deste programa para 2021 está a participación de nove solistas femininas e grupos integrados só por mulleres. Ademais, Los Secretos volven a Terraceo en formato de trío acústico o 28 de maio. O resto das incorporacións ao programa son David Rees, Califato 3/4, Sidonie, Leo Harlem, Ángel Stanich, R de Rumba + Sho Hi, Paco Ibáñez, Freedonnia, Triángulo de Amor Bizarro, Grison y Jaime Caravaca, Beli Basarte y Rulo e La Contrabanda. Andrés Suárez y Carlos Sadness ofrecerán un segundo concerto. Tamén actuarán Wyyga, Its soul, Sanny, Irene e Mariña, Carolina Rubirosa e Zeltia. Repite ademais a cantante porriñesa Xoana, que tivo unha memorable participación o pasado ano.

O Festival será a presentación de dous discos da escena emerxente da música feminina en Galicia. Trátase dos novos traballos de Dani e do dúo Bala. Tamén está previsto que amosen os seus traballos por primeira as bandas viguesas Os Resentidos e The Soul Jacket.

Terraceo está a ter unha “excepcional” acollida entre o público. Nos primeiros días de vendas, xa se esgotaron as entradas de catro concertos: Taburete, Carlos Sadness, Andrés Suárez e Baiuca. Caballero finalizou cualificando o evento como “o festival de música máis importante de España” e reiterou o seu orgullo de que o Concello participe nel.

Cartel:

1 de mayo: Taburete

7 de mayo: Carlos Sadness

8 de mayo: Carlos Sadness

14 de mayo: Andrés Suárez

15 de mayo: Andrés Suárez

21 de mayo: Baiuca

22 de mayo: Os Resentidos

23 de mayo: Kevin Johansen

28 de mayo: Los Secretos

29 de mayo: Pol Granch

4 de junio: Annie B. Sweet

5 de junio: Juancho Marqués

11 de junio: The Soul Jacket

12 de junio: Kutxi Romero y Los Motores

13 de junio: David Rees

18 de junio: La habitación roja

19 de junio: Sr. Chinarro

25 de junio: La Bien Querida

26 de junio: El Kanka

2 de julio: Califato 3/4

3 de julio: Sidonie

9 de julio: Nach

15 de julio: Leo Harlem

16 de julio: Leo Harlem

17 de julio: Ángel Stanich

23 de julio: R de Rumba + Sho Hi

24 de julio: Paco Ibáñez

30 de julio: Freedonia

31 de julio: Triángulo de Amor Bizarro

5 de agosto: Bala

15 de agosto: Grison y Jaime Caravaca

20 de agosto: Bely Basarte

21 de agosto: Rulo y la Contrabanda

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.