Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) O Festival Primavera do Cine ultima a recepción de obras audiovisuais para a súa 10ª edición


A recepción de traballos audiovisuais para concorrer á 10ª edición do Festival Primavera do Cine quedará pechada o vindeiro venres 30 de abril. Ata entón, aínda poden ser enviadas curtas, longas e videoclips de produción galega, así como curtas e longas producidas nun dos países da Lusofonía. As pezas seleccionadas serán exhibidas na nova edición do certame, que terá lugar entre o 7 e o 12 de setembro.

Formación de novos públicos

A principal novidade desta edición é a posta en valor da infancia como consumidora de cinema en pantalla grande. É dicir, do traballo na creación de novos públicos.
Para iso, a organización do festival incluirá unha sección infantil que contará cun xurado de seu formado por nenas e nenos de ata doce anos. Trabállase nun ciclo especial sobre o cinema orientado ao público infantil, que enriquecerá a xa consolidada programación, co ánimo de ir incorporando o público máis novo ao festival e a novos hábitos de cinema en pantalla grande.
Ademais desta sección especialmente dirixida ao público máis novo, celebraranse varios obradoiros de achegamento ao mundo cinematográfico, así como a proxección de filmes realizados polos e polas cineastas máis novas do noso país.

Nova imaxe

Coincidindo coa celebración do seu décimo aniversario, o Festival renova tamén a súa imaxe cun novo deseño de María Llauger que incide no carácter visual do evento, así como na súa condición de certame propiamente vigués co engadido da oliveira que, ademais de asociarse á primavera e aos loureiros característicos dos festivais cinematográficos, representa un dos símbolos máis importante da nosa cidade.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement