Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Vigo) Caballero quiere lavar la cara a Plaza Elíptica gastando allí 2,3 millones de euros

Imagen divulgada por el Concello de Vigo. - 

A Xunta de Goberno Local de Vigo vén de aprobar o proxecto de humanización da praza Elíptica que contempla a instalación de dúas pérgolas que acollerán áreas de descanso con zonas verdes e que terán 100 paneis solares para dotar de enerxía ás instalacións proxectadas e á iluminación do espazo. Amais, ampliarase a superficie peonil en máis dun 30%, instalarase novo mobiliario urbano, renovarase o pavimento, as redes de saneamento e abastecemento de agua, luz, electricidade, comunicacións e gas.

O alcalde informou en rolda de prensa do proxecto de humanización da Praza Francisco Fernández del Riego que terá un investimento de 2.312.000 euros e un prazo de execución de 12 meses co fin de que sirva como novo ámbito cidadá.

Abel Caballero explicou que “buscamos converter a Praza Elíptica nun nexo de unión entre o Castro, a Gran Vía, a zona de Venezuela e a parte baixa de Vigo e queremos darlle contido cultural”, de xeito que sexa un novo ámbito cidadá que permita acoller concertos ao aire libre como ocorre noutros espazos abertos da cidade.

Grada de Marcador necesita "una asistencia técnica"


A Xunta de Goberno Local deu luz verde tamén á contratación do servizo de asistencia técnica á dirección municipal de obra para o control e seguimento da execución das obras da nova grada de Marcador, en Balaídos, que ten un orzamento de 302.000 euros, para un importe total de 15,5 millóns da obra. O rexedor explicou que a asistencia técnica é precisa “dada a magnitude e complexidade do traballo” e detallou as funcións de revisión da execución do proxecto aprobado, a emisión de informes sobre a dimensión da estrutura, o cumprimento da normativa...
O Concello investiu 6,2 millóns na Grada de Río, 5,6 millóns en Tribuna e agora 15,5 millóns en Marcador, financiado coa Deputación de Pontevedra, salientou Caballero, “un moi bo investimento, non vou escatimar diñeiro para o campo do Celta de Vigo, para o Estadio de Balaídos”.

Outras humanizacións

Quedou aprobada a contratación das obras de humanización da rúa dos Curros (Lavadores) cun orzamento de 82.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. Entre as actuacións está a construción dunha beirarría na marxe esquerda, canalizacións de pluviais, nova instalación para iluminación exterior e un muro de contención entre os números 95 e 101.

Tamén en Lavadores, quedou aprobada a contratación das obras de humanización da rúa das Fontáns cun presupostode 58.000 euros e un prazo de execución de 2 meses nos que se construirá beirarrúa na marxe dereita, canalizacións de pluviais e nova iluminación exterior.

Así mesmo, a Xunta de Goberno Local deu luz verde á aprobación do proyecto de mellora e acondicionamiento da contorna do torreiro de Santo André de Valadares (O Adro) “unha nova zona e unha nova praza”, en palabras do alcalde que explicou que conta cun orzamento de 238.000 euros e un prazo de execución de 3 meses. As obras inclúen o desmonte dos aseos, demolición da estrutura metálica e de formigón do palco, nova cimentación e base para o palco, canalizacións de pluviais, renovación dos pavimentos, varandas de protección, novos baños e novos acabados no local existente. Amais, a renovación da contorna con novo alumeado e mobiliario urbano: marquesiña, bancos, papeleiras, farois...

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement