Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Reporteiros Sen Fronteiras denuncia o crecemento dos obstáculos á información a nivel global co pretexto da pandemia

Reporteiros Sen Fronteiras publica a súa Clasificación Mundial da Liberdade de Prensa, que alerta dun deterioro da liberdade de información en todo o mundo no contexto da crise sanitaria. Só 12 países, a meirande parte deles da Europa nórdica, entran na categoría de condicións moi favorábeis para o exercicio do xornalismo. A organización internacional sitúa a España no posto 29º, e denuncia o clima de polarización e a falta de transarencia e acceso á información.

Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) vén de publicar a súa Clasificación Mundial da Liberdade de Prensa no 2021, que denuncia un "deterioro palpábel" na capacidade de acceso e de cobertura da actualidade que teñen os e as xornalistas en todo o mundo. O análise revela graves impedimentos para a información en 73 dos 180 estados do ránking. e obstáculos en outros 59, o que supón o 73% dos países avaliados. Só 12 países (Noruega, Finlandia, Suecia, Dinamarca, Costa Rica, Países Baixos, Xamaica, Nova Zelanda, Portugal, Suíza, Bélxica e Irlanda) se considera que teñen unhas condicións "se non óptimas, si moi satisfactorias", unha cifra que non se reducira tanto desde que se iniciara a actual metodoloxía de clasificación no 2013. RSF destaca que existe un certo "modelo nórdico" de garantías para a liberdade de información.

A organización internacional salienta que "por causa -o co pretexto- da crise sanitaria, os xornalistas enfrentan a un 'peche de accesos' tanto ás coberturas sobre o terreno como ás fontes de información" e expresa a súas dúbidas de que estas restricións se levanten cando remate a situación de pandemia. Estes obstáculos para investigar son xerais a nivel internacional, pero RSF veos especialmente graves en Asia e Oriente Medio. América e, especialmente, Europa, seguen a ser os continentes máis favorábeis á liberdade de prensa, mesmo tendo en conta que América Latina rexistra o maior deterioro da liberdade de prensa a nivel rexional. En Europa, o análise recolle a lentitude dos mecanismos da Unión Europea para frear os ataques á liberdade de información en certos países, entre os que destaca os do goberno de Viktor Orban en Hungría.

No caso de España, RSF sitúaa no posto 29 da clasificación mundial, entre os países cunha "situación máis ben boa", pero con obstáculos á liberdade de información. Critícase especialmente a persistencia dun "clima de polarización" que está a erosionar a confianza da sociedade nos e nas xornalistas e fomenta un discurso de odio contra a prensa. A clasificación lembra tamén as denuncias pola falta de transparencia por parte da administración, especialmente no relativo ao seguemento das cifras da pandemia e a cobertura da situación nos hospitais e da chegada de inmigrantes.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement