En portada / Na capa_$type=slider$count=6$rm=0$show=home

Contracapa / Contraportada_$type=grid$count=3$m=0$sn=0$rm=0$show=home

Mascarón de proa_$type=three$m=0$rm=0$h=400$c=3$show=home

No Día Mundial do Linfedema a asociación AGL agasalla almofadas con corazón

Estímase que ata un 43% das persoas con linfedema son mulleres que pasaron por un cancro de mama. Cara elas destina as almofadas con corazón...

Estímase que ata un 43% das persoas con linfedema son mulleres que pasaron por un cancro de mama. Cara elas destina as almofadas con corazón AGL.

Co gallo da conmemoración do Día Mundial de Linfedema, dende a Asociación Galega de Linfedema, Lipedema, Insuficiencia Venosa Crónica e outras patoloxías vasculares periféricas (AGL), entidade que forma parte de COGAMI, teñen programados diferentes actos durante este mes, a maioría deles desenvolvidos a través das redes sociais co fin de evitar riscos sanitarios coa situación actual na que convivimos.

Un destes actos programados é a entrega de almofadas a todas as mulleres que pasaron, ou están pasando, por un proceso postoperatorio dunha cirurxía mamaria. Mediante a entrega desta denominada `almofada do corazón´, que AGL realiza en colaboración coa asociación barcelonesa de El Caliu de Cor, esta almofada ou coxín servirá para paliar a dor e o malestar derivados da cirurxía. A entrega será gratuíta e poderá adquirirse dende agora, tras poñerse en contacto con AGL ou a través da farmacia Rolán, situada en Vilagarcía de Arousa, concello no que ten a súa sede a entidade.

Outras das accións programadas para esta semana do Linfedema serán a difusión a través das redes sociais Facebook e Instagram, que ten abertos AGL, de profesionais da medicina, representantes municipais e de entidades sociais que amosarán o seu apoio ás persoas que viven con esta enfermidade. Para rematar, realizaranse tamén charlas on line organizadas por diferentes entidades de linfedema e lipedema de España é outra das actividades programadas durante o mes de marzo.

Data para a reivindicación

Esta data conmemorativa serve tamén para que dende os movementos asociativos se  expoñan reivindicacións para todas as persoas que viven con esta enfermidade. Algunhas das peticións que demanda AGL serían: a instalación no sistema sanitario dun tratamento con drenaxe linfático manual para todas as persoas diagnosticadas de linfedema, a realización de diagnósticos rápidos, a necesidade de contar con máis profesionais especializados e a existencia dun banco de datos reais co número de persoas afectadas en Galicia por linfedema, así como a creación dun centro de referencia de Linfedema na nosa Comunidade.


Que é o Linfedema?

O linfedema é unha enfermidade crónica e progresiva do Sistema Linfático, que pode causar graves deformidades, discapacidades e complicacións que poden ser potencialmente mortais e tamén causantes de cargas psicolóxicas e económicas. Nos países desenvolvidos, o 90% das persoas que teñen linfedema é causado polos tratamentos contra o cancro.


Segundo a Organización Mundial da Saúde, 1 de cada 30 persoas teñen linfedema, patoloxía que afecta entre 140 e 250 millóns de persoas a nivel mundial e que, segundo as propias entidades que defenden os dereitos das persoas que viven con esta enfermidade, non se lle presta a importancia que merece.

En canto á incidencia de linfedema en Galicia, dende AGL din que, a falta de ter datos globais recollidos, estímase que hai 50.000 persoas afectadas, das que 3.000 son mulleres que o desenvolven  tras ser intervidas dun cancro de mama. Polo tanto, neste 6 de marzo, Día Mundial da Linfedema, dende o movemento asociativo reclaman que existan mellores opcións nos tratamentos, máis fondos destinados a investigación,  programas educativos para profesionais da saúde e un mellor acceso á atención especializada para as persoas que viven con linfedema.



 

RÍAS BAIXAS TRIBUNA es una web de información, análisis, divulgación y crítica, contemplada en un planteamiento totalmente ajeno a lo comercial. El autor de RÍAS BAIXAS TRIBUNA no contrata publicidad alguna, ni tampoco recibe dinero alguno por la labor que realiza, lo que resulta suficientemente explicado en notas a pié de página de este site.
Salvo aquellos en donde hay referencia a sus autores o cita expresa con la firma de los mismos, todos los trabajos publicados en la web corresponden a la autoría directa del autor-director-editor de este site, o bien a hacerse eco -en todo o en parte- de informaciones, ideas, opiniones, imágenes y notas de prensa emitidas por terceros.
Sea como fuere : las opiniones vertidas en RÍAS BAIXAS TRIBUNA son de exclusiva responsabilidad de quienes las emiten y no representan, necesariamente, el pensamiento de esta publicación, por lo que el autor de esta web no se hace responsable -salvo aquellas que le son propias- de las ideas, datos, imágenes y opiniones de otros aquí reflejadas.
Nombre

-A EURORREGIÂO,285,-CORTOS Y DIRECTOS,27,-EL OCIO-TURISMO,70,-FRONTERAS,70,-LA CULTURA,69,-LA EURORREGIÓN,266,-LA VIDA,203,-Las Cosas de la Vida,2,-LAS OPINIONES,67,-LAS PERSONAS,87,-LOS DEPORTES,227,-m,1,-MAIS PORTUGAL,115,-MÁS ESPAÑA,76,-Ocio/Deportes/Espectáculos,1,-PORTADA,162,-PORTADA),409,-Y ADEMÁS...,189,+ GALICIA,1,1-EURORREGIÓN,330,10-OCIO-ESPECTACULOS,35,11-PORTUGAL TAMBIÉN,89,12-ESPAÑA TAMBIÉN,42,13-MÁS DE PORTADA,8,2-GALICIA,108,3-PORTUGAL,41,4-LAS COSAS DE LA VIDA,251,5 ASUNTOS DE PORTADA EN RÍAS BAIXAS TRIBUNA,470,5-OPINIÓN,82,6-OCIO-DEPORTES-ESPECTÁCULOS,157,7-MÁS EURORREGIÓN,151,8-EL ÚLTIMO PARTE,48,CAJÓN DE SASTRE,283,CLAVE INFORMATIVA,49,CORONAVIRUS,74,CORTOS Y LARGOS,13,CUADERNO FINAL,25,CULTURA Y ESPECTÁCULOS,19,CULTURA-SOCIEDAD-MEDIA,51,DEPORTES,311,EL ÚLTIMO PARTE,56,ESPAÑA,293,ESTAS TIERRAS Y ESTAS GENTES,12,EURORREGIÂO,16,EURORREGIÓN,35,EURORREXIÓN,39,FERROCARRIL,274,GALICIA,1122,GALICIA SUR,127,GRANDE REPORTAGEM,11,INTERNACIONAL,73,LA MIRILLA,31,LAS COSAS DE LA VIDA,583,LOS DEPORTES,16,MAIS PORTUGAL,23,MÁS ESPAÑA,8,MÁS GALICIA,186,MASS-MEDIA,493,Medios de Comunicación,10,OCIO,172,OCIO-ESPECTÁCULOS,149,OCIO-TURISMO,218,OPINION,123,OTRA PORTADA,10,PIE DE FOTO,23,PONTEVEDRA,188,PORTADA,39,PORTUGAL,570,PORTUGAL NORTE,67,PRIMER CUADERNO,26,PROVINCIA,614,PUNTOS DE VISTA,16,REPORTAJES,2,REPORTAJES-ARTÍCULOS,43,RETRATOS,88,SPORTING DE BRAGA,170,TAUROMAQUIA,145,VIGO,282,
ltr
item
RÍAS BAIXAS TRIBUNA: No Día Mundial do Linfedema a asociación AGL agasalla almofadas con corazón
No Día Mundial do Linfedema a asociación AGL agasalla almofadas con corazón
https://1.bp.blogspot.com/-GU6Kc4gTMZI/YD_HJ_2hpHI/AAAAAAAA9Sc/TsAEJHm6Ht4mExYhEY-QqrIz0lBAJTOjACLcBGAsYHQ/w640-h452/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-03-03%2Ba%2Blas%2B17.25.57.png
https://1.bp.blogspot.com/-GU6Kc4gTMZI/YD_HJ_2hpHI/AAAAAAAA9Sc/TsAEJHm6Ht4mExYhEY-QqrIz0lBAJTOjACLcBGAsYHQ/s72-w640-c-h452/Captura%2Bde%2Bpantalla%2B2021-03-03%2Ba%2Blas%2B17.25.57.png
RÍAS BAIXAS TRIBUNA
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/no-dia-mundial-do-linfedema-asociacion.html
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/
https://www.riasbaixastribuna.com/2021/03/no-dia-mundial-do-linfedema-asociacion.html
true
1496149115088572514
UTF-8
Loaded All Posts Not found any posts VIEW ALL Readmore Reply Cancel reply Delete By Home PAGES POSTS View All RECOMMENDED FOR YOU LABEL ARCHIVE SEARCH ALL POSTS Not found any post match with your request Back Home Sunday Monday Tuesday Wednesday Thursday Friday Saturday Sun Mon Tue Wed Thu Fri Sat January February March April May June July August September October November December Jan Feb Mar Apr May Jun Jul Aug Sep Oct Nov Dec just now 1 minute ago $$1$$ minutes ago 1 hour ago $$1$$ hours ago Yesterday $$1$$ days ago $$1$$ weeks ago more than 5 weeks ago Followers Follow THIS PREMIUM CONTENT IS LOCKED STEP 1: Share to a social network STEP 2: Click the link on your social network Copy All Code Select All Code All codes were copied to your clipboard Can not copy the codes / texts, please press [CTRL]+[C] (or CMD+C with Mac) to copy Table of Content