Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Sábado, 26 de decembro : na Coruña, "A Radio Conta"

O vindeiro sábado, 26 de decembro de 2020 tera lugar unha nova edición de A Radio Conta, a iniciativa nacida no 2013 como o primeiro espazo radiofónico en unir emisoras públicas e privadas da cidade nun programa solidario. Oito emisoras da Coruña unirán as súas voces entre as 17 e as 20 horas nunha retransmisión dedicada ás persoas e entidades que deixaron a pel polos demais na pandemia do coronavirus.

O xornalista Moncho Viña conducirá unha vez máis este programa, cunha redacción formada por profesionais de Radio Galega, Radio Nacional de España, Radio Coruña-Cadena Ser, RadioVoz, Radio Marca, Onda Cero, COPE e Intercoruña. Ademais doutros moitos convidados, a emisión contará co humor de David Perdomo, Xosé Antonio Touriñán, Fede Pérez, Marcos Pereiro, Pedro Brandariz e Oswaldo Digón, coa música de Susana Seivane ou co actor Tamar Novas. O radioteatro terá un especial protagonismo con tres pezas dirixidas por Óscar Cruz e dedicadas a falar, de xeito nada habitual, da pandemia da gripe española ou da Real Expedición Filantrópica da Vacina.

Esta oitava edición de ‘A Radio Conta’ poderá seguirse exclusivamente polas ondas das radios participantes, debido ás restricións sanitarias obrigadas pola COVID-19.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement