Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Quinta edición do Festival “Novos Cinemas” que botará a andar o próximo día 15

“A cultura é segura, apostemos por ela porque permite crear espazos de felicidade e que a xente se sinta mellor. Se sempre é fundamental, nestes momentos, moito máis”, asegurou a presidenta da Deputación de Pontevedra.

“Nesta provincia vive o cine, temos unha provincia do cinema” subliñou Carmela Silva no acto de presentación da quinta edición do Festival “Novos Cinemas”, un dos festivais integrados na marca provincial da Deputación de Pontevedra “Rías Baixas Film Fest”, que botará a andar o próximo día 15 de decembro e que contará na apertura coa película “Lúa Vermella” de Lois Patiño, e na clausura cunha das películas máis aclamadas deste ano “My Mexican Bretzel” de Nuria Giménez.
Na presentación, no que tamén participou o alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores, o vicerreitor do Campus de Pontevedra Jorge Soto, o director da Agadic Jacobo Sutil e o director de programación do festival Suso Nóvas, a presidenta provincial enxalzou o “enorme talento audiovisual” de Galicia, pero sobre todo da provincia– que conta con nove dos trece festivais audiovisuais máis importantes da comunidade-, e subliñou o “momento revolucionario” que está a vivir este “sector económico potentísimo que está a xerar moita actividade económica e emprego”.

Carmela Silva insistiu en que “a cultura é segura, non coñecemos ningún caso de contaxio nunha actividade de carácter cultural e, dende logo, ningún en todos os festivais que se desenvolveron nesta provincia, que con este, son nove”. Neste eido, Silva reivindicou a necesidade de apostar pola cultura, “que chegue á cidadanía, porque se sempre é fundamental, nestes momentos de pandemia moito máis xa que permite crear espazos de felicidade e a felicidade permite que a xente se sinta mellor”. Ao respecto, a presidenta recordou que durante o confinamento foi a cultura e o audiovisual quen nos acompañou e permitiu “que puideramos transitar naquel túnel tan longo levando luz ás nosas casas”. A presidenta lembrou que apostar polo audiovisual “é unha obriga” das administracións públicas, pola súa capacidade para “desenvolver pensamento crítico pero tamén moitos valores positivos”. Por estes motivos, dende a Deputación, tal e como recordou, se están a impulsar numerosas iniciativas neste eido como os propios “Rías Baixas Film Fest”, “Pontevedra, plató de cinema”, ou os premios que se presentaron esta mesma semana “#Mulleresnofoco”.

Pola súa banda o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, presumiu de cidade e desta quinta edición do festival Novos Cinemas, “que trae cada ano a directores/as noveis, transgresores/as, de vangarda, e que agrupa todas as cuestións que debe ter un festival destas características: dende formación ata proxeccións audiovisuais”. Por iso, o alcalde, agradeceu “a implicación de todas as administracións” que permite “impulsar grandes eventos como este que ten un gran futuro”.

O director de programación do festival “Novos Cinemas”, Suso Novás, explicou máis polo miúdo a programación e obxectivos do evento, sempre centrados no “fomento da interacción social e en facer veciñanza a través dunha iniciativa dirixida a poñer o foco no talento emerxente e en cineastas que comezan a súa andaina”. Novás destacou a programación “moi diversa e vangardista” do festival, e subliñou que nas dúas seccións do festival, Latexos e na Oficial, estrearanse películas a nivel estatal. En canto á programación fóra das proxeccións audiovisuais, o director puxo en valor o obradoiro de cinema de Eloy Domínguez, proxecto didáctico dirixido aos centros educativos de Pontevedra e un “foco” centrado este ano en Luis López Carrasco.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement