Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Pretenden Turismo inteligente y sostenible, digitalizado y con alianzas público-privadas

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

A XORNADA TURISTIC DA DEPUTACIÓN ACHEGA CLAVES PARA O TURISMO DO FUTURO: INTELIXENTE E SOSTIBLE, CUN SECTOR “DIXITALIZADO” E ALIANZAS PÚBLICO-PRIVADAS


Máis dun millar de persoas seguiron en directo a xornada ao través de Youtube e das redes sociais da Deputación de Pontevedra


A III xornada TurisTIC organizada pola Deputación de Pontevedra, celebrada en formato on line, con recoñecidas e recoñecidos participantes e representación paritaria de mulleres e homes, consolídase como referente no debate sobre a situación actual do sector turístico e a súa recuperación a través do uso das novas tecnoloxías. A xornada, moderada pola xornalista Yolanda Vázquez, foi seguida por máis de 1.100 persoas ao través da canle de Youtube e das redes sociais da Deputación, conseguindo unha media de visualización de ate 57 minutos por persoa. Nunha intensa mañá de intercambio de ideas trazáronse os retos, tendencias e oportunidades de futuro, que pasan por un turismo intelixente no que a sostibilidade será fundamental, e pola dixitalización plena do sector para chegar con máis eficacia ás viaxeiras e viaxeiros e ofrecer mellores servizos a través das novas tecnoloxías. No novo escenario tamén resultan imprescindibles as sinerxias e a transversalidade para ofertar paquetes de produtos entre distintos axentes e segmentos da cadea turística; coordinación das entidades públicas e privadas e, nesta liña, as alianzas para innovar e optar aos importantes recursos europeos destinados á recuperación da economía.


“As administracións debemos ser axentes do cambio a partir das demandas do sector, que representa un 11% do PIB. Hai que escoitalos e apostar por un desenvolvemento turístico intelixente”, explicou na apertura a presidenta da Deputación, Carmela Silva, quen subliñou que a tecnoloxía é hoxe o instrumento fundamental para organizar calquera actividade turística. “Tomamos todas as decisións con elementos tecnolóxicos, decidimos as nosas viaxes no teléfono móbil”, afirmou, para resaltar que tamén os destinos turísticos deben ser integramente intelixentes, pois o turismo repercute de maneira directa no territorio. “Hai máis consumo de auga, xeración de residuos, necesidade de oferta cultural, de seguridade sanitaria. Debemos tomar decisións para recuperar a confianza, cambiar o modelo, ampliar a oferta e adaptala á Axenda 2030, e cooperar entre todas e todos tendo en conta os fondos europeos: é un momento durísimo pero nunca houbo tantos recursos públicos”, proclamou.


Carmela Silva considera indispensable crear alianzas entre as administracións e o sector. “Os fondos para a reactivación supoñen unha grande oportunidade e resulta necesario reforzar a cooperación público-privada coa participación do mundo local, as comunidades autónomas, o estado e os organismos internacionais”, relatou. A presidenta adianta que a Deputación tomará nota de todas as reflexións e conclusións de TurisTIC para incorporalas á súa acción e estratexia en materia turística.


Un sector rendible e con futuro

O presidente do Clúster de Turismo, Cesáreo Pardal, cree prioritario “identificar os retos do futuro, no que as TIC serán fundamentais nas nosas vidas”. Chamou a “aproveitar estas ferramentas tecnolóxicas” e destacou a importancia de crear espazos virtuais para, por unha banda, aportar instrumentos que permitan mellorar a competitividade do sector e a creación de sinerxias, e por outra ofrecer servizos turísticos directamente ás viaxeiras e viaxeiros. “O sector é rendible, estratéxico e con proxectos de futuro pero vive un momento dificilísimo e debe ter un soporte mínimo vital de axuda. Os meses por diante serán claves; e as TICS, imprescindibles na definición do futuro”, indicou. Pola súa banda, o presidente do Clúster TIC Galicia, Antonio Rodríguez del Corral, puxo o foco en que o sector turístico debe contar “con independencia tecnolóxica, e non estar en mans das grandes empresas comercializadoras”. Del Corral remarca que a pandemia, pese ao seu impacto, tamén abriu “unha fiestra de oportunidade” a  través das alianzas, os fondos europeos e a colaboración. “Desde o Clúster TIC daremos todo o noso apoio e cooperación. Hai que apostar por crear proxectos ambiciosos, coas tecnoloxías e servizos correctos. É preciso que os axentes, o sector, se agrupe, e estar tamén moi atentos ao 5G”. Neste sentido, plantexa a idea de que cada empresa conte co seu propio servizo de intelixencia artificial, o que lles permitiría ser máis competitivas. “Quizáis non o poden facer de maneira individual, pero si uníndose”, expuxo Del Corral, quen cita tendencias surxidas durante a pandemia nas que as empresas se dirixen dunha forma aberta e directa ante o seu público a través de vídeos ou outros formatos na súa web. “Isto confírelles un factor de autenticidade e chegan mellor ás usuarias e usuarios: empresas que o empregaron multiplicaron por catro as súas ventas”, sintetizou, para resaltar a importancia de “chegar aos móbiles, porque aí está o 80% da compra, e para iso requírese unha infraestrutura que permita ás empresas enviar a súa propia mensaxe”.


Natalia Bayona: “Innovación e sustentabilidade deben estar unidas”

A directora de Innovación, Educación e Investimentos da Organización Mundial de Turismo (OMT), Natalia Bayona, e fixo fincapé en que “a innovación e a sustentabilidade teñen que estar unidas se queremos un turismo máis impactante”. Bayona explicou que “os retos que existían antes da Covid-19 son os mesmos que hoxe, pero aceleráronse”. A estratexia para un sector forte no futuro que ademais apoie ás partes máis vulnerables como o turismo rural, persoas emprendedoras ou autónomas, pasa pola “sustentabilidade, a tecnoloxía, a educación dixital, e a promoción de investimentos verdes e sustentables”. A directora aposta polo big data para tomar decisións eficientes en materia ambiental e para por en práctica un marketing microsegmentado e “moito máis intelixente”. Outra das prioridades é a dixitalización. “Temos que desenvolver habilidades cada vez máis dixitais para aprender a entender a tecnoloxía e ter as habilidades nas plataformas para entender mellor o turismo”. 


“Retos do turismo na era Covid”

A primeira mesa redonda, moderada pola xornalista Nani Arenas, contou coa participación de Kin Martínez, CEO de Esmerarte e presidente da Federación da Música de España; Lucía Freitas, chef e propietaria do restaurante A Tafona (con Estrela Michelín); Marían Gómez Alonso, xerente e propietaria de Casa A Pedreira; e Ana Trevisani, directora da Asociación de Organizadores Profesionais de Congresos (OPC) de Galicia.


Kin Martínez incidiu en que “é fundamental estar máis unidos que nunca e armar un plan, sen barreiras sectoriais e políticas. Ten que haber aperturismo, colaboración e coordinación por riba de todo”. Como estratexia para mellorar o rendemento da experiencia turística avoga por “paquetizar” produtos. “Ten que ofertarse unha experiencia completa, segura e atractiva. Se os sectores, empresas e institucións traballamos co mesmo discurso sairemos reforzados”, asegura. Trevisani admite que a pandemia “foi un cambio radical que nos noqueou, pero hai que reinventarse e adaptarse con novos códigos e formas”. Neste sentido explica que a situación serviu para unir e coordinar máis ao sector da organización de eventos. “Hoteis, recintos feriais, pazos de congresos e OPC mantivemos conversas, creamos platós virtuais para que os clientes se comunicasen co público, vía virtual ou híbrida, e aquí somos referentes nesta experiencia”. Marián Gómez reflexionou sobre o feito de que a pandemia acelerou a dixitalización e mudou hábitos. “A nivel de check-in e outras xestións xa case nin se tocan os papeis”, comenta, para advertir de que “é imprescindible apostar pola innovación e traballar nas plataformas on line para atraer ao público”. “Debemos crear sinerxias e produtos potentes para que a xente vexa que o turismo é seguro”. Lucía Freitas expuxo que a situación obrigou a cambiar formatos na restauración e propiciou a implantación de novas fórmulas para manter a conexión co público. “É un bo exercicio reciclarse e intentar variar a oferta para estar na mente dos clientes, nunca deixar de pensar en positivo e abrir novas liñas de negocio”. 


“A tecnoloxía ao servizo dos novos modelos turísticos”

A segunda mesa estivo moderada por Paco Nadal, xornalista especializado en viaxes, e participaron  Raúl Jiménez. CEO de Minube; Álvaro Carrillo. Director Xeral do Instituto Tecnológico Hotelero (ITH); Cristina del Castillo. Responsable de HORECA de Too Good To Go; e Jordi Agustí. CEO de Waynabox.

Jiménez avanzou a súa opinión de que a recuperación será diferente segundo os segmentos turísticos. “Será difícil que o turismo de negocios volva pronto á situación anterior, e tamén o de adultos verase moi afectado polo efecto medo. O gran beneficiado será o turismo mozo, de 25 a 45 anos. Hai unha demanda durmida que espertará con moita forza e son os máis ligados ás novas tecnoloxías”. Jiménez reflexiona que a pandemia acelerou a dixitalización ata o punto de que “incluso as persoas de máis de 60 anos manexan as tecnoloxías”. Neste sentido avoga por “adaptar a estratexia e mensaxes para distintos mercados e públicos, facer unha hiperpersonalización, con escoita activa, para crear o produto de futuro”. Álvaro Carrillo ampliou neste sentido que “probablemente a demanda de produto do futuro será similar á anterior á pandemia, en esencia ás persoas que viaxan a España buscan un break vacacional con atributos de cultura, deporte... pero as circunstancias cambiarán polos  condicionantes da seguridade sanitaria. Ademais, considera necesario implementar ferramentas dixitais no control da seguridade sanitaria nos desprazamentos a fin de evitar demoras. “A tecnoloxía pode aportar moito neste escenario”. Cristina del Castillo apuntou que “estamos ante un claro cambio de tendencia de consumo, cunha sociedade concienciada co medio ambiente”. Neste sentido indicou que tamén os sectores tradicionais tiveron que adaptarse ao novo escenario. “Os establecementos de restauración ou alimentación non imaxinaban vender os seus excedentes chegando ao público a través das novas tecnoloxías. A tecnoloxía fainos máis rendibles”. Jordi Agustí resaltou o alto valor da sustentabilidade entre as viaxeiras e viaxeiros,  o que debe levar ás empresas do sector a integrar medidas que respondan a esta circunstancia. “Todos temos que adaptarnos e comunicar ao cliente de que maneira estamos aplicando esta sustentabilidade”.


“Boas prácticas en turismo sostible”

A terceira mesa, moderada por Clara Soler, contou con Marcos Pérez Gulin, Director Fundación Galicia Sostible e do  Mercado de la Cosecha; Natalia Rodríguez. Responsable de comunicación de Bodega Señorío de Rubiós e Nande Hotel da Natureza; Mar Rodríguez. CEO e fundadora de Tee Travel; e Iván Luarca. CEO de Eccocar. 


Natalia Rodríguez explicou que “o éxito da oferta dun turismo sostible e responsable ten que ver con dar resposta ás necesidades da sociedade, que agora busca un turismo non masificado e disfrutar da natureza e o entorno”. “Hoxe hai unha boa oferta de experiencias turísticas para satisfacer esa demanda”, comentou. Marcos Pérez apunta pola súa banda que o sector turístico debe contribuír en todo o posible á sostibilidade e explicou que a súa experiencia baséase en centrarse no local. “Son proxectos máis controlables e facilmente escalables. En situacións adversas podemos manter mellor un estilo de funcionamento”. Mar Rodríguez indica que “hai unha forte demanda de turismo sostible e unha filosofía moi respectuosa co medio ambiente entre o público”, para agregar que “as novas tecnoloxías serven de escaparate e medio para transmitir esa oferta e contactar cos e as clientes”. Iván Luarca destacou desde a súa experiencia a crecente sensibilidade ambiental en materia de mobilidade e indicou que crece a demanda de vehículos respectuosos co medio. 


Datos a gran escala

Previamente á clausura da xornada pola deputada de Novas Tecnoloxías, Ana Mejías, a última ponencia correu a cargo do xornalista, conferenciante e analista de turismo Fernando Gallardo, quen subliñou que “estamos no tempo de redefinir os produtos e os destinos turísticos”. Neste sentido citou na súa intervención que “é moi importante coñecer as demandas das persoas, e xa hai empresas e colectivos con capacidade para manexar datos a gran escala e conformar modelos predictivos”.  “Non é ciencia ficción. Acontece xa, e é o primeiro paso para coñecer quen vai vir no 2021, 2022... Hai que telo moi en conta. Podemos desenvolver intelixencia artificial aplicada ao turismo que nos permita ir moito máis lonxe”.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement