Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Pontevedra. Al Museo le va la poesía erótica de Carvalho Calero

O Museo de Pontevedra será escenario o vindeiro mércores 23 ás 20 horas de ‘Eterna e Múltipla’, un espectáculo “interxeneracional e interxénero” coa poesía erótica de Carvalho Calero. O evento, incluído dentro da programación do Departamento de Lingua da Deputación co gallo das Letras Galegas 2020, fora cancelado o pasado mes de outubro por mor das restricións da COVID-19 e retomarase agora con asistencia presencial e tamén con emisión en streaming en directo na páxina web da Deputación www.depo.gal.

No recital participará o colectivo ‘O fruto e a serpe’, que terá como intérpretes principais a Elvira Jardón e Cynthia Mennéndez, que darán voz aos poemas de Calero e á súa resposta con material propio nunha conversa poética na que confluirán diferentes sensibilidades e enfoques sobre relacións e erotismo. Así mesmo, haberá un acompañamento musical, suave pero con personalidade e carácter que, xunto coa iluminación, pretende crear unha atmosfera axeitada para que o público goce do espectáculo.

A deputada de Lingua María Ortega anima á cidadanía a participar deste evento xa ben de maneira presencial xa ben de maneira telemática, posto que segundo asegurou, trátase dunha iniciativa e dunha visión moi novidosa de Carvalho Calero, de quen “todo o mundo ten unha impresión moi ‘sesuda’ e moi seria, pero tamén ten unha visión máis moderna e innovadora das relacións e das mulleres”, dixo. Subliñou que ademais de ser o primeiro autor que escribiu unha novela en galego despois da guerra, o primeiro que fixo unha gramática en galego, dos que fixo parte da primeira xeración de avogados da Segunda República, o primeiro que redacta un anteproxecto de Estatuto de Autonomía para Galiza, foi tamén o primeiro que escribiu poesía erótica en galego.

As prazas para participar xa foran cubertas por inscrición previa para a anterior data, mais debido ao cambio de día quedaron libres algunhas entradas, que serán outorgadas ás primeiras persoas solicitantes no correo vicepresidencia@depo.gal, (máximo dúas persoas por mail) a partir das 9 horas do luns 21. Será preciso indicar o nome e documento de identidade das persoas asistentes e un número de teléfono de contacto para cumprir co protocolo derivado da COVID-19.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement