Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Pleno del Plan Concellos en Deputación, con la gresca habitual entre tirios y troyanos

Para los que gobiernan la Depo (de Pontevedra) es "la mayor transferencia de recursos de la historia de la Deputación". Cada vez presumen más de ello... los años van pasando con el bigobierno al frente del organismo provincial y ya le han cogido gusto al poder, hasta el extremo de que ya ni por un asomo, se escucha decir a los del Bloque, con el gran Mosquera a la cabeza, aquello de "hay que cerrar las Diputaciones"; ese pensamiento ha quedado desterrado; ¡qué cambio tan extraordinario...!, ahora ya no dice ni pío el hombre, ahora es autobombo su discurso, como este martes : “Estamos sumamente orgullosos e orgullosas. Non é que o Plan sexa bo, é sobresaínte, case perfecto. Foi exemplar desde o seu nacemento e ségueo a ser” . 

Ya los socialistas, que también hablaban -cuando eran Oposición- de hacer desaparecer las Diputaciones, es cierto que en cuanto vieron la oportunidad de gobernarlas, cambiaron radicalmente de parecer y pasaron a ser grandes defensores desde el primer minuto de sentarse en el sillón presidencial. En el caso del Bloque, aún aguantaron su discurso bota-abaixo, dos o tres años... y en este mandato, ya no se les pilla una frase o media frase anti-depo. La Vida es así, dirá aquel otro.

Vamos entonces, ahora, con los puntos de vista diferentes, de Gobierno y Oposición, tras el pleno de este martes en la Deputación, donde López Font, otra vez más, se encargó de arrear a los del PP, Feijóo incluído : “É inexplicable a abstención do PP cando os seus propios alcaldes e alcaldesas o aplauden publicamente. Lamento o papelón de Cubela, de quero pero non podo, porque ten que contentar ao único inquilino de Monte Pío en vez de defender á provincia”. Y los del PP señalan que "o que está ofrecendo o Goberno provincial é conxelar o único plan de investimentos que esta Deputación ten para os pequenos e medianos concellos da provincia, mentres aumenta o orzamento provincial en 3,5 millóns de euros e hai amplos remanentes".


LUZ VERDE DO PLENO AO PLAN CONCELLOS 2021 

O pleno da Deputación de Pontevedra aprobou hoxe o Plan Concellos para o ano 2021, un total de 42,5 millóns de euros en recursos directos aos 59 municipios da provincia beneficiarios dunha iniciativa que supón, en palabras do voceiro socialista Carlos Font, “a maior transferencia de recursos feita nunca na historia desta institución para a que fixemos un esforzo titánico e unha resposta absolutamente excepcional cara a transformación da provincia”.

Pola súa banda, o vicepresidente e portavoz do BNG, César Mosquera, sinalou que “o Plan Concellos foi exemplar desde o seu nacemento e ségueo a ser. Non é que sexa bo, é sobresaínte e todo un modelo de cohesión territorial que prioriza aos máis pequenos. Fixemos este ano un enorme esforzo, engadiu, de feito moitos alcaldes e alcaldesas do PP estaban seguros/as que os seus recursos baixarían e non so se manteñen, senón que suben. Estamos sumamente orgullosos e orgullosas”, concluíu. Ambos os dous voceiros tamén lembraron que o vindeiro ano, unha vez se coñeza a contía dos fondos europeos e dos remanentes, haberá unha segunda fase que “sen dúbida algunha repercutirá con novos recursos nos concellos da provincia”.

O Plan provincial contou cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG e a abstención do PP, posición que os grupos do goberno cualificaron de “inexplicable e lamentable porque nin un so alcalde ou alcaldesa pode non apoiar este Plan”.

Font, que subliñou “o esforzo que fixemos para adiantar a súa aprobación neste pleno a fin de que os concellos poidan incorporar a financiación que lles corresponde aos seus orzamentos”, reprochou aos populares a súa esixencia dun maior incremento de recursos para votar a favor. “É unha mera estratexia infantil para xustificar que non voten a favor porque o PP sabe que fixemos un esforzo titánico, e por iso tamén sabe que non poden vender un voto en contra“. Recordou tamén que “a mellor proba de que é un plan extraordinario é que o Ministerio de Facenda volve recoñecer á institución como a Deputación de todo o Estado que transfire máis recursos aos concellos, un 35,4%“, e contrapuxo unha vez máis os datos obxectivos doutras deputacións “como todas as gobernadas polo PP que están por debaixo, chegando ao récord da Deputación de Ourense que transfire o 0,03%”. “¿Quere que fagamos como Ourense -preguntou Font- ou como a Xunta que dá recursos condicionados?”. 
O deputado cualificou de “incomprensible” que o PP cuestione á Deputación, ”cando as transferencias directas da Xunta ás corporacións locais descenden un 6,4%, e supoñen só un 1% sobre todo o orzamento de 2021. ¿Veñen aquí criticar que lles parece pouco que a Deputación transfira un 35,34 % aos concellos, mentres aplauden á Xunta que transfire tan só un 1%? ¿Veñen queixarse de que conxelamos o Plan Concellos a pesar de que aumenta en 300.000 €, e calan diante da Xunta que si mantén conxelado o Fondo de Cooperación básico, o único instrumento para repartir recursos de maneira regulada e non a dedo? ¿En serio?”. 
Font engadiu que “a súa queixa parece de risa cando a parte regulada da Xunta da financiación aos concellos supón o 28% de todo o diñeiro do orzamento autonómico, mentres que a parte discrecional, a que dan a dedo, ascende en 2021 ata o 72% dos fondos para os municipios, seguindo co modelo caciquil da Xunta de Galicia no reparto do diñeiro público”. Font rematou a súa intervención negando taxativamente “a teima de sempre do PP que di que con este Plan nos limitamos a cumprir a lei. Iso é falso, exclamou, deixen de tentar manipular a lei”. Insistiu en que “non é certo que destinemos aos concellos o que a lei nos obriga. A lei di que temos que aprobar un plan de obras e servizos pero non establece contías nin porcentaxes. Si fora así, finalizou, ¿con levar os 15 ou 20 millóns que aprobaba Louzán chegaría?”

Tras rematar a sesión, o deputado socialista lamentou “as escusas do PP para tentar xustificar a súa abstención nun plan extraordinario, unha mera estratexia que non engana a ninguén”. Font ironizou sobre “o papelón que lle tocou xogar hoxe a Cubela cando os alcaldes do PP aplauden publicamente o Plan Concellos e chegan a contrapoñer a autonomía que lle dá aos gobernos locais coas subvencións doutras institucións”. O portavoz socialista lembrou frases dalgúns alcaldes populares como “O Plan Concellos é un gran plan porque achega recursos importantes e permite gastalos de acordo as nosas necesidades, mentres outras subvencións nos tratan como menores de idade”. Así, Font lamentou que con esa posición de “quero pero non podo, Cubela teña que contentar e xustificarse ante o único inquilino de Monte Pío en vez de defender á veciñanza dos concellos da provincia”.

O Gabinete de Presidencia da Deputacion refere nunha nota hoxe que "O Plan Concellos 2021, a principal ferramenta da área de asistencia aos municipios que este ano ascende ata os case 75 millóns de euros, incrementa os recursos en maior proporción aos concellos máis pequenos e presenta como principal novidade “unha enorme flexibilidade”. Facilita por exemplo que os concellos poidan destinar ata o 30% da Liña 1 ás outras Liñas a fin de sufragar gastos propios relacionados coa pandemia e, amais, tamén poderán utilizar ata o 20% da Liña 1, 6 millóns de euros, para costear axudas directas aos sectores máis prexudicados".


Convenio de Mollavao


O pleno aprobou por unanimidade o convenio co concello de Pontevedra para o novo viario entre a Rúa Rosalía de Castro e a Avenida de Marín en Mollavao, que conta cun orzamento de licitación de 938.824€. O vicepresidente César Mosquera subliñou que se trata dunha “obra transcendente, dunha importancia enorme, porque resolve moitos problemas”. Subliñou que cunha actuación respectuosa co territorio séntanse as bases que van permitir ao Concello de Pontevedra reurbanizar todo o barrio de Mollavao, na contorna da Casa do Mar, “unha zona bastante poboada que, agora mesmo, non ten os adecuados estándares de calidade”. Mosquera, que puxo este convenio como exemplo de como facer “grandes cousas sen grandes infraestruturas”, comparouno coa construción da ponte de Monte Porreiro, que xa supuxo no seu día un gran avance para a cidade gracias á colaboración da Deputación.
"O proxecto está enmarcado no modelo de mobilidade amable e sostible da Deputación, de seguranza e calmado de tráfico e de calidade medioambiental. A actuación ten por obxectivo contribuír ao desconxestionamento e diversificación dos tráficos de paso, principalmente para derivalos da rúa de Rosalía de Castro cara a Avenida de Marín, xunto coa creación de espazos reservados aos peóns na entrada oeste á cidade", refere a nota do Goberno da Deputación.



O PP critica que a Deputación conxele o Plan Concellos nun momento no que debería facer un esforzo extraordinario para apoialos

Cubela lamenta que o Goberno non quixese chegar a un acordo “de mínimos e sen liñas vermellas” cos populares, que reclamaban complementar o plan con cargo aos remanentes líquidos durante 2021.

O voceiro do grupo provincial do Partido Popular, Jorge Cubela, lamentou hoxe que a Deputación de Pontevedra perdese a oportunidade de aprobar o Plan Concellos coa unanimidade de todos os grupos, ao rexeitar “a man tendida” do PP para aprobar o plan si aumentaban os 42 millóns de euros que reservan para os concellos de menos de 50 mil habitantes.

“O que reclamaba o PP era o compromiso de que o Goberno estaba disposto a complementar o plan concellos con cargo aos remanentes líquidos de tesourería durante o exercicio durante 2021”, destacou Cubela, que lamentou que a pesar de ofrecer “un acordo de mínimos e sen liñas vermellas”, o Goberno optou por non chegar a ningún acordo porque “o consenso ofrecido polo PP podía estropear os titulares de mañá para o Goberno e porque conseguir máis cartos para os concellos podía restarlles protagonismo”.

“Desde o PP coñecemos moi ben a situación desta provincia e dos seus concellos, e por iso entendemos que neste momento excepcional os concellos precisan dunha resposta extraordinaria para afrontar todos os retos que temos por diante. Pero o que está ofrecendo o Goberno provincial é conxelar o único plan de investimentos que esta Deputación ten para os pequenos e medianos concellos da provincia, mentres aumenta o orzamento provincial en 3,5 millóns de euros e hai amplos remanentes. Polo tanto, capacidade económica hai para facelo”.
Cubela recordou que a Deputación é a administración creada para apoiar aos concellos pequenos e medianos, e o seu obxectivo debe ser reforzar aquelas competencias ás que non teñen capacidade de chegar. Por iso, Cubela salientou que era importante “apelar á responsabilidade e á unidade neste momento”.
Por último, tamén cuestionou que o Goberno intente agora dicir que axuda aos autónomos e pemes da provincia porque habilita no Plan Concellos a posibilidade de que os concellos aproben axudas para eles. “Pretenden que os concellos se fagan cargo das axudas que eles non queren dar”, pero insistiu en que iso supón reducir os cartos que reciben os concellos.

“Non presuman de que é un éxito conxelar o Plan Concellos, o único plan de investimentos para os pequenos e medianos concellos desta provincia; e non vendan como un éxito axudar aos autónomos e pemes a costa de recortar os cartos aos concellos cando hai outras deputacións que teñen plans de axudas específicos”, concluíu.

Imagen del pleno de este martes en el palacio provincial                           (Foto : Deputación


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement