Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Museo de Pontevedra acoge un coloquio sobre "O Gaiteiro de Viascón"

O Sexto Edificio do Museo de Pontevedra acollerá este xoves 17 de decembro ás 19.30 horas un faladoiro titulado ‘Ricardo Portela e Pontevedra’ no que se afondará na relación do ‘Gaiteiro de Viascón’ e a Boa Vila. No encontro participarán como relatores Xosé Ferreirós de Milladoiro, Xoán López de Treixadura, e o músico e investigador Óscar Ibáñez, moderados por Ramom Pinheiro Almuinha. Tamén se realizará unha pequena actuación de homenaxe a cargo dos músicos Rafa Pazo, Francisco Estévez ‘Chuco’ e Gonzalo Caride.

Neste faladoiro trataranse os aspectos máis destacados da figura de Ricardo Portela facendo fincapé na súa pegada na Boa Vila, onde fixou a súa residencia á volta da emigración, e na súa relación co Museo de Pontevedra. Os relatores porán de manifesto que Portela é un dos grandes referentes da gaita galega por méritos propios, converténdose en símbolo do gaiteiro tradicional, que profesou un amor profundo a Galicia e á gaita. 

Gran intérprete, meticuloso e perfeccionista, o Gaiteiro de Viascón creou escola e moitos dos recursos do seu persoal estilo permanecen vivos no xeito de tocar dalgúns dos gaiteiros máis recoñecidos da actualidade. Consciente do seu papel histórico foi imprescindible na conexión da tradición dos vellos gaiteiros coas novas xeracións, reivindicando e poñendo en valor o toque pechado, unha antiga técnica que esmorecía cara finais do século pasado, e a nosa música máis enxebre, nas súas verbas, a máis bonita. 

Desempeñou un papel decisivo tanto na dignificación da gaita e da figura do gaiteiro como na sistematización dos seus recursos interpretativos, sendo á vez un músico inquedo, aberto e innovador. Un mestre de mestres, cunha gran personalidade, enérxico, culto e cerimonioso, que posuía unha gran oratoria chea de sorna e retranca, polo que desprendía un magnetismo especial entre os que tiveron a sorte de coñecelo.

Con motivo das restricións de aforo motivadas pola COVID-19 é precisa inscrición previa. As persoas que desexen asistir deben remitir os seus datos persoais ao correo gabinetedidactico.museo@depo.gal.






Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement