Más tomaduras de pelo : lo de un tren y vía mejor para Lugo sigue siendo un cuento...

O Goberno galego lembra que o compromiso adquirido con Galicia era a posta en servizo da modernización da liña entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo en 2020

A XUNTA LAMENTA O INCUMPRIMENTO DO COMPROMISO DO GOBERNO DE ESPAÑA COA CHEGADA DA ALTA VELOCIDADE A LUGO, CUXAS PRIMEIRAS OBRAS NON PODERÁN ESTAR EN SERVIZO ANTES DE 2024

A día de hoxe non se está a executar ningunha actuación salientable das planificadas na liña ferroviaria Ourense-Monforte-Lugo para acurtar os tempos de viaxe con Madrid.

As obras anunciadas hoxe do túnel de Oural e da renovación de vía Monforte-Lugo non comezarán a executarse ata finais do vindeiro ano.

Continúa sen adxudicarse a obra de electrificación da liña entre Ourense e Monforte, que foi licitada en outubro de 2019.

Non se coñecen avances nas variantes de trazado dos Peares-Canabal e de Rubián.


A Xunta lamenta o incumprimento por parte do Goberno de España do seu compromiso coa chegada da alta velocidade ferroviaria a Lugo, cuxas primeiras obras non poderán estar en servizo antes de 2024. O compromiso adquirido con Galicia era pór en servizo a modernización da liña ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo no ano 2020.
Actualmente non se está a executar ningunha actuación salientable das obras planificadas na liña ferroviaria Ourense-Monforte de Lemos-Lugo co obxectivo de acurtar os tempos de viaxe entre a capital lucense e Madrid.

As obras anunciadas hoxe, de renovación da vía no treito entre Monforte de Lemos e Lugo, e de construción dun novo túnel de Oural deberán aínda, tras a aprobación polo Consello de Ministros, iniciar a súa contratación oficial. Tendo en conta os prazos establecidos para as contratacións, as obras non poderán comezar antes de finais de 2021. E, á vista dos prazos de execución das obras previstos, estas non poderán pórse en servizo antes de comezos de 2024.
Cómpre ter en conta que continúan sen adxudicarse as obras de electrificación da vía entre Ourense e Monforte, que foron licitadas en outubro do ano 2019.

Doutra banda, descoñécense avances nos trámites necesarios para acometer as variantes de trazado previstas dentro da planificación da alta velocidade a Lugo, a dos Peares-Canabal e a de Rubián.

Los de Lugo tienen un servicio ferroviario de lo peorcito en España... y alguien les contó un día
el cuento del AVE con no sé qué promesas que, como se veía venir, no se han cumplido... Las obras
por un futuro mejor vienen subidas en el caballo del malo, por lo que se observa...