Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Los vaivenes del Covid en Galicia. Últimas novedades de cierres, restringidos y mediopensionistas

Os concellos de Ribeira, Bueu e Baiona pasan ao nivel máximo de restricións e Santiago pasa ao nivel medio e queda pechado perimetralmente.

Ademais, os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto de restricións.

 

Pola súa banda, os concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso pasan ao nivel básico de restricións

Tamén acordou implementar unha vixilancia especial nos concellos de Verín, O Barco, A Rúa, Cedeira e San Sadurniño


O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión desta tarde, suavizar as medidas restritivas nos concellos de Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Así mesmo, os concellos de Ribeira, Bueu, e Baiona pasan ao nivel máximo de restricións.

Ademais, os concellos de Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto de restricións.

Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Santiago pasa a nivel medio e queda pechado perimetralmente.

Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou implementar unha vixilancia especial nos concellos de Verín, O Barco, A Rúa, Cedeira e San Sadurniño.

Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.

Sinalar, por último, que este mércores, a Consellería de Sanidade informará do plan de Nadal para Galicia. 

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement