"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...
O presidente da Xunta reuniuse hoxe co eurodeputado Luis Garicano, negociador dos fondos en representación do partido liberal europeoA XUNTA INCIDE EN QUE GALICIA PRESENTOU XA UNHA PRIMEIRA PROPOSTA PARA OPTAR AOS FONDOS EUROPEOS QUE PERMITE DAR RESPOSTA AOS RETOS DA TRANSFORMACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, trasladou hoxe ao eurodeputado Luis Garicano que Galicia xa presentou ao Goberno central unha primeira proposta viable e realista con 108 proxectos para optar aos fondos europeos Next Generation e coa que busca dar resposta aos retos da transformación económica e social da Comunidade.
Durante a xuntanza, abordaron a reactivación económica e as diferentes ferramentas activadas desde a Comisión Europea, dado que Garicano é o negociador dos fondos en representación do partido liberal europeo.
No encontro, Feijóo incidiu en que os fondos son unha oportunidade non só para a recuperación, senón tamén para impulsar unha verdadeira transformación económica e social, en liña cos principios e os obxectivos que propón Europa, para acadar un crecemento sólido, sostible e centrado nas persoas, contando coas achegas de todos os axentes sociais, económicos e políticos.
Así, os proxectos céntranse en catro eixes: a modernización do tecido produtivo -transición dixital-, a mobilidade sustentable e transición ecolóxica, a cohesión social e territorial, e a administración dinámica e dixital.
A modo de exemplo, referiuse á creación da primeira fábrica de viscosa en Galicia, cun investimento de 950 millóns de euros, enmarcado nas iniciativas que engloban distintos proxectos de impulso da industria forestal e da promoción de produtos derivados da madeira.
Por último, Feijóo e Garicano coincidiron na necesidade de que o Goberno central estableza uns criterios xustos, claros e transparentes para o reparto dos fondos.