"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...
|
| | | | O C.R.D.O. RIBEIRO PREMIA AO ASADOR “LOS ABETOS”, DE NIGRÁN; Á TENDA “VALLADARES”, DE SANTIAGO; E AO BAR “DERBY”, DE VILAGARCÍA 
 Os
 galardóns que recoñecen a profesionalidade destes establecementos 
entregaranse o venres 18 de decembro ás 10:30 da mañá nun evento en 
Santiago   O
 Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro anuncia os 
gañadores das tres categorías que recoñecen a atención e o bo traballo 
nos establecementos de hostalaría, restauración e de venda de viños.   En
 “Mellor servizo de viño en restaurante” prémiase a Los Abetos 
restaurante asador, de Nigrán; como “Mellor tenda de viños-viñoteca” 
recoñécese a Valladares Alimentación, en Santiago de Compostela; e na 
categoría de “Taberna-bar de viños” o galardón vai para Derby, en 
Vilagarcía.   “Nun momento no que a hostalaría e o comercio máis 
próximo están a sufrir dificultades, dende o Consello Regulador quérese 
salientar a súa importancia no tecido económico e social e mandar unha 
nova mensaxe de apoio”, en palabras do seu presidente Juan Manuel 
Casares.   Los Abetos,
 aberto no 1982, é un establecemento asociado a momentos especiais para 
os seus clientes, como celebracións familiares, reunións de negocios ou 
convencións. A súa carta de viños conta cunhas 800 referencias de todo o
 mundo e presta unha atención especial aos viños galegos, como o 
Ribeiro, moitos deles conservados nas condicións ideais na súa adega 
subterránea.   A tradición na venda de viños en Santiago de Compostela ten un nome: Valladares.
 Semella un ultramarinos dos que xa non quedan tantos dende fóra, pero 
dentro agocha unha inmensa selección de botellas e produtos gourmet e maila sabedoría que Concha Valladares e os seus empregados acumulan dende a apertura nos anos 60.   Atención
 esmerada, unha gran variedade en petiscos e racións que casan 
perfectamente coas bebidas e imaxinación á hora de propor novas 
propostas para os seus amigos son tres dos ingredientes do Derby, en Vilagarcía de Arousa. A
 novena edición dos Premios D.O. Ribeiro acontecerá o venres 18 
decembro, ás 10:30 da mañá no Palacio de Congresos e Exposicións de 
Galicia, en Santiago de Compostela.   Ademais dos establecementos 
sinalados, homenaxearase a Luís  L. Paadín como “Persoeiro de Honra” 
2020 e coñeceranse os mellores viños brancos e tintos na cata oficial, 
de adega e de colleiteiro, da Denominación de Orixe máis antiga de 
Galicia. Tamén se entregarán os premios “Muller e viño”, “Mellor labor 
de comunicación” e “Vida entre Vides”. 
 
 
 | 
 | 
 | 
 |