Galicia. Lo último que el SERGAS ha dicho sobre estrategia anti-Covid
0
Comentarios
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, informou está mañá en rolda de prensa dos diferentes axustes acordados polo Comité clínico de expertos sobre o Plan de Nadal galego, elaborado de cara ás xuntanzas navideñas dos próximos días.
Na compaña do secretario xeral técnico de Sanidade, Alberto Fuentes, o xerente do Sergas, José Flores; e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán; García Comesaña precisou que entre as 00:00 horas do día 23 de decembro e as 23:00 horas do día 25, permitirase a mobilidade de persoas con motivos das visitas familiares, incluso naqueles concellos que se atopan perimetrados.
Esta mobilidade adicional tamén será extensiva para aquelas persoas que visiten a nosa comunidade durante estas datas, e polo mesmo motivo.
Entre as modificacións anunciadas tamén se inclúe a ampliación da mobilidade nocturna na xornada de Noiteboa pois, nesa data, o retorno aos domicilios poderá ampliarse até as 1:30 horas, no lugar do horario máximo das 23:00 horas que rexerá nos restantes días.
Composicións dos grupos familiares
Sobre as xuntanzas familiares, a principal recomendación da Xunta de Galicia é que estas reunións se integren unicamente por persoas que pertenzan á mesma unidade familiar, sendo esta unha modalidade na que non existiría límite no número de persoas.
Nun segundo chanzo, o Executivo galego recomenda que as xuntanzas se cingan a un máximo de dúas unidades familiares, introducindo como límite a cifra de 10 persoas, para respectar o establecido no Plan elaborado polo Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
Por último, a terceira opción proposta pola Xunta, fai referencia as xuntanzas compostas por máis de dúas unidades familiares, unha situación na que non se debe exceder a cifra de 6 persoas adultas, e un máximo de 4 nenos con idade non superior aos 10 anos.
O conxunto destas medidas pode ser obxecto de novas modificacións de acordo á evolución epidemiolóxica de Galicia na vindeira semana, así, o próximo 28 de decembro o Comité clínico voltará reunirse para avaliar os datos dos festexos do Nadal.
------
O comité clínico da Consellería de Sanidade que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia vén de acordar, na súa reunión de hoxe pola tarde, que o concello de Rianxo pasa ao nivel máximo de restricións.
Así mesmo, decidiu suavizar as medidas restritivas nos concellos de Muxía, Meis, Ribadumia, Cerdedo-Cotobade, Pontecaldelas e Vilaboa, que pasarán ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.
Igualmente, o comité clínico acordou que o concello de Moaña, descenda ao nivel medio de restricións.
Ademais do antedito, os concellos de Vilalba, Tui e Ponteareas baixan ao nivel medio alto de restricións.
Tras analizar a evolución epidemiolóxica no conxunto de concellos galegos, o comité clínico tamén acordou manter unha vixilancia especial en Verín, e implementala nos concellos de Aranga, Noia, Porto do Son, Vilagarcía de Arousa, Viveiro, Burela, Dozón, Vedra, Muros e Xinzo de Limia.
Todas estas medidas publicaranse no Diario Oficial de Galicia de este martes e entrarán en vigor ás 00:00 horas do mércores.
Sanidade lembra a obrigatoriedade de cumprir todas as medidas establecidas pola Xunta Galicia, co ánimo de mellorar a situación epidemiolóxica na comunidade e así poder ir diminuíndo as restricións vixentes.
-----------
Publicar un comentario