Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Decoración e iluminación sustentable en la Deputación

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...


A DEPUTACIÓN VÉSTESE DE NADAL CUNHA APOSTA POLA SUSTENTABILIDADE NA ILUMINACIÓN E DECORACIÓN DAS SÚAS SEDES EN PONTEVEDRA E VIGO

O Pazo Provincial e o Palacete das Mendoza lucirán dende hoxe a iluminación do Nadal e na sede de Vigo o acendido terá lugar este próximo luns 7 de decembro


A sustentabilidade e o apoio ao produto local serán protagonistas este ano da decoración e iluminación de Nadal da Deputación de Pontevedra. Deste xeito, o Pazo Provincial e o Palacete das Mendoza estarán desde a tarde deste sábado iluminadas con leds, e a sede da Deputación en Vigo farao dende este próximo luns. Trala ponte da Constitución poderanse ver tamén os elementos decorativos xa instalados nas dependencias da institución provincial, que estarán protagonizados por produtos de refugallo e vexetais e plantas autóctonas, apoiando, deste xeito, á produción floral local do Baixo Miño.

En Pontevedra estarán alumeados o Pazo Provincial e o Palacete das Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas. No caso do Pazo, instaláronse arcos e grilandas con luces led sobre as tres portas principais, balconada e parte superior do edificio, así como tamén nas distintas árbores dos xardíns do Pazo, dende as camelias á magnolia grandiflora. No caso da sede de Turismo Rías Baixas, instaláronse luces led na fachada e laterais. Na sede da Deputación en Vigo, onde se acenderán as luces este luns, haberá grilandas na fachada e unha iluminación interior que proxectará o espírito de Nadal no casco vello da cidade.

No que respecta á decoración, que estará xa preparada trala ponte, contará con elementos vexetais autóctonos, pedras, elementos de refugallo e madeira que van ser as e os protagonistas da decoración das distintas sedes. Así, no vestíbulo do Pazo provincial montarase unha “carballeira máxica”, con máis de 15 exemplares de carballos iluminados nas súas respectiva macetas (para poder ser replantados ao remate das festas en Soutomaior). Haberá tamén musgo, follas, carrasco ou landras e completarase a decoración con grilandas naturais realizadas con vexetais da poda de Soutomaior e Areeiro como magnolia, camelia ou tuia, e flores de Nadal, que se colocarán en todos os servizos, procedentes de produtoras e produtores do Baixo Miño. No edificio administrativo poderase ver unha instalación similar aínda que, polo espazo, de menor tamaño. Pola súa banda, na sede de Vigo colocaranse árbores de madeira con elementos decorativos que foron pintados a man por persoas integrantes de Igualarte e Juan XXII.

Amais da iluminación e decoración interior, haberá, ao igual que todos os anos, un acto de homenaxe ás persoas traballadoras que se xubilaron durante o 2020. Por mor da covid, este ano será ao aire libre, baixo a magnolia situada nos xardíns do Pazo provincial da Deputación e terá lugar o próximo 18 de decembro. Finalmente, e no marco da súa aposta solidaria, a lotería que está a recibir a institución provincial como agasallo de Nadal, caso de acadar algún dos premios, serán doados a unha ONG.


Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement