Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El Sergas llama a vacunarse contra la gripe a los que aún no se vacunaron

Sanidade fai un chamamento ás persoas de 65 ou máis anos e á poboación diana da campaña da gripe que non se vacinou, para que solicite a vacinación no seu centro de saúde.
Sanidade xa superou o obxectivo de vacinación do persoal sanitario, e está preto de acadalo nas persoas de 65 ou máis anos.
Nas áreas sanitarias de Lugo e Ourense as coberturas de vacinación están en torno ao 75% ou incluso o superan.
Sanidade ten nos centros de vacinación 141.366 doses e, a maiores, dispón nos almacéns centrais, de 57.264 doses máis.

A directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, fixo hoxe un chamamento activo a todas as persoas de 65 ou máis anos, e a poboación diana da campaña de vacinación antigripal que aínda non se vacinaron, para que soliciten a vacinación, o antes posible, no seu centro de saúde. A maiores, dixo Carmen Durán, todas as persoas que ainda que non pertenzan á poboación diana e queiran vacinarse, poden solicitar cita no seu centro sanitario de referencia, ata que se acaben as doses.

A directora xeral de Saúde Pública, quen informou en rolda de prensa, xunto ao secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade, Alberto Fuentes Losada, da situación actual da campaña de vacinación antigripal, remarcou, tamén, que, nestes momentos, Sanidade ten nos centros de vacinación 141.366 doses e, a maiores, dispón nos almacéns centrais, de 57.264 doses máis.
Cumprimento dos obxectivos

Os representantes da Consellería de Sanidade sinalaron que, ata a actualidade, subministráronse 940.893 doses da vacina da gripe aos puntos de vacinación, das que xa se administraron 808.527; e xa se superou o obxectivo marcado de vacinación do persoal sanitario, especialmente no persoal médico, con máis do 76% vacinado (74,79 entre o persoal de enfermería). Na actualidade, xa se vacinaron un total de 5.678 profesionais sanitarios máis que no total da campaña do ano anterior.

Ademais, a Consellería de Sanidade tamén está preto de acadar o obxectivo marcado en vacinación de persoas de 65 ou máis anos, fixado no 75%, e en embarazadas, 60%. Así, na actualidade, xa se vacinaron un total de 72.682 máis de persoas de 65 anos ou máis que en toda a campaña de 2019.

Sinalar que, por áreas sanitarias, as coberturas de vacinación en persoas de 65 ou máis anos, están moi próximas ou incluso superan o 75% na área de Lugo (75,1%) e na área de Ourense (74,79). O resto das áreas tamén teñen porcentaxes moi elevadas.

Cómpre remarcar que os grupos poboacionais obxectivo desta campaña son, especialmente, os de 65 ou máis anos ou as persoas que convivan en institucións pechadas (residencias de persoas maiores e outros centros de atención e crónicos).

Tamén son poboación diana as persoas de menos de 60 anos que teñen risco de complicacións derivadas da gripe, e as mulleres durante o puerperio (ata 6 meses tras o parto), sempre que non se vacinarán no embarazo.

Son igualmente poboación diana as persoas que lles poden transmitir a gripe a outras con alto risco de complicacións. Outras persoas nas que se recomenda a vacinación son as que desenvolven traballos esenciais para a comunidade.

Sinalar, por último, que o investimento final na campaña por parte da administración sanitaria galega supera os 3,4 millóns de euros.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement