Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Bueu promueve servicio de biblioteca a domicilio para personas confinadas

Brillante iniciativa en Bueu, desde la Biblioteca municipal. Ante los no pocos confinados que en estos momentos el término municipal tiene, se les ha ocurrido una excelente idea...

O CONCELLO DE BUEU PON EN MARCHA UN SERVIZO DE BIBLIOTECA A DOMICILIO PARA PERSOAS CONFINADAS
Alberto Moital, concelleiro de patrimonio, bibliotecas e arquivo, salienta que a campaña “A cultura non se confina” estará activa a partir do luns

A rede de Bibliotecas do Concello de Bueu ofrece un novo servizo de reparto a domicilio de libros ou DVDs para as persoas que se atopen nunha situación de confinamento por mor da Covid-19. A iniciativa naceu da man de Alberto Moital, concelleiro encargado da área de patrimonio, bibliotecas e arquivo, quen salienta que “se trata de achegar a cultura ás persoas que non poden asistir á biblioteca”.

Baixo o lema de “A cultura non se confina”, o servizo estará operativo a partir do luns 21 de decembro, e as persoas que desexen facer uso del deberán cumprir con dous requisitos, como ser residente no Concello de Bueu e estar inscrito/a como socio/a na Rede de Bibliotecas de Galicia. Neste sentido, Moital anima a toda a cidadanía a solicitar o carné de socio/a, que se poderá tramitar de balde cubrindo un formulario ou por vía telefónica no 986323140 en horario de luns a venres, de 10 a 13 e de 16 a 20 horas.

As persoas socias da Rede de Bibliotecas de Galicia poderán acceder ao préstamo de libros en formato electrónico a través da plataforma Galicia Le, consultar os libros en préstamo dispoñibles nos centros municipais a través do Catálogo de Bibliotecas, e acceder a recomendacións personalizadas e suxestións por parte do persoal das bibliotecas. Así mesmo, e como novidade, a biblioteca pon a disposición un fondo de máis de 500 filmes en formato DVD que foron doados polo Cineclub Bueu, do que poderán gozar as persoas amantes do sétimo arte co mellor do cine independente e clásicos de directores como Pasolini, Kubrick ou Ken Loach. 




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement