Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

24 e 25 : Vigo amplía horario de peonalización nas rúas do centro

O Concello amplía horario de peonalización nas rúas do centro o 24 e 25 de decembro
O alcalde explicou en rolda de prensa que o goberno municipal quere dar prioridade á mobilidade das persoas fronte ao tráfico rodado nestes días de movemento por mor das festas do Nadal, polo que amplía as horas de peche de varias rúas do centro.

O Concello manterá a circulación de vehículos cortada en varias rúas do centro desde las 17 horas do xoves 24 e ata as 23 horas do venres 25 de decembro de forma continuada, cando ata agora o plan de mobilidade contemplaba o peche entre as 17 e as 23 horas.

Con estas medidas especiais de tráfico e seguridade, o goberno municipal quere facilitar a mobilidade cidadá e o mantemento da distancia de seguridade na rúa “priorizando os peóns” sobre o tráfico rodado, “unha cultura que estamos establecendo no Nadal pero que imos establecer a partir de agora”, apuntou Abel Caballero.

Ademais, explicou que, en función da evolución do tráfico, a Policía Local irá xestionando as necesidades circulatorias, especialmente no caso da Gran Vía.

O Plan de Mobilidade do Concello para o Nadal inclúe cortes de tráfico nas seguintes rúas: Paseo de Alfonso XII, Elduayen e Porta do Sol (obras), Policarpo Sanz, Darío Álvarez Blázquez, Reconquista, entre Marques de Valadares e Policarpo Sanz, Velázquez Moreno, entre Príncipe e Marqués de Valadares, Colón, Urzáiz, entre Gran Vía e Colón, Gran Vía ascendente entre Urzáiz e María Berdiales, Hernán Cortés, entre Urzáiz e María Berdiales, Dr. Cadaval, desde López de Neira ata Porta do Sol, Uruguay, desde Cervantes ata Gravina.

Ademais, establece cambios na circulación normal: a rúa Colón será uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público. A rúa de Velázquez Moreno entre as de Marqués de Valadares e Policarpo Sanz cambia o sentido de circulación cara á de Policarpo Sanz, establécese sentido de circulación da rúa Uruguai cara á rúa de Cervantes dende a rúa de Gravina, e rúa de Cervantes manterá un só carril aberto para uso exclusivo de residentes, aparcadoiro e transporte público, ábrese carril pegado o bulevar e en sentido ascendente na Av. de Gran Vía entre as rúas Urzaiz e Brasil para uso exclusivo do autobús urbano e establécese dobre sentido de circulación para residentes na rúa de Hernán Cortés entre as de María Berdiales e Urzáiz.

O Concello recomenda os seguintes desvíos de tráfico: os túneles de Areal-Beiramar para aqueles vehículos que circulen polas rúas de Sanjurjo Badía, García Barbón, Areal. Avenida Beiramar para os que leven destino Teis e polas rúas da Coruña-Gran Vía para os que vaian con dirección Travesía de Vigo. A saída pola rúa de Isaac Peral aos vehículos procedentes da autoestrada AP9 e a Avenida de Gran Vía, praza de América e rúa da Coruña para os vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement