"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...
O Director Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Jose Ramón Lete Lasa e o alcalde de Arbo, Horacio Gil, deron o visto e prace á conclusión dos traballos de reforma do tellado do Pavillón de Deportes de Arbo. O importe da obra que foi realizada por unha empresa de Arbo ascendeu a 46.933,12€.-
O pasado 15 de xuño o alcalde do Concello de Arbo, asinaba un convenio de colaboración co Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para a execución de obras de mellora no Pavillón polideportivo municipal.
No ano 2019, tamén se asinaba un convenio con esta administración para realizar tamén obras nos vestuarias neste edificio municipal e a colocación de porterias no campo de futbol.
Nesta segunda fase das melloras no pavillón, realizouse a mellora na cuberta deteriorada co paso dos anos. Coas obras realizadas para a mellora do pavillón, buscouse frear as filtracións de auga no interior do edificio e reparar os danos existentes ata o momento, impedindo que continue deteriorándose a instalación, o que suporía un risco para os usuarios do pavillón e un gasto superior se non se frea a entrada de auga para o vindeiro inverno.
A reforma do pavillón inscríbese dentro do programa de mellora da rede deportiva de Galicia que promove a administración autonómica.
"A necesidade da actuación era determinada pola importancia da instalación na promoción da práctica de actividade física e deportiva entre a poboación do Concello da Arbo en xeral", "informa o alcalde do Concello de Arbo, Horacio Gil. "Polo tanto, é unha actuación imprescindible para continuar co uso do pavillón e para que non se creen deterioros maiores, así como coa contratación a empresas locais, preténdese reactivar a economía deste colectivo afectado polo COVID-19", engadiu Gil.

O investimento enmárcase dentro do compromiso da Xunta de Galicia de favorecer aos pequenos concellos e de seguir impulsando o deporte entre todos os colectivos.
O rexedor de Arbo agradece a colaboración da administración autonómica e na sensibilidade mostrada con este Concello nos ultimos anos, tendo en conta que se realizaron varias obras en distintos locais deportivos coas achegas da administración autonómica.