Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Recomendacións para limpar e desinfectar o teu móbil

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...


Hace tiempo que los de "R", la compañía de telefonía móvil, han dado unas instrucciones sobre cómo desinfectar el aparato telefónico, sobre todo en estos tiempos de pandemia. Conviene tenerlo en cuenta. Veamos :

O erro máis común á hora de limpar o móbil é facelo como se se tratasede xanelas. E adiantámosche que usar limpiacristais está totalmente prohibido, do mesmo xeito que a lixivia. Pensa que os teléfonos son dispositivos delicados que podes estragar se non segues unhas recomendacións básicas de limpeza e desinfección que queremos compartir contigo.

Antes de poñerte ao choio, ten isto moi presente:

  • apaga e desenchufa o teléfono
  • non utilices a camiseta ou un papel de cociña, porque soltan peluxes que poderían raiar ou danar o teu móbil
  • xamais apliques ningún produto directamente sobre o teléfono, faino sempre nun pano
  • non utilizar lixivia, limpiacristais ou produtos abrasivos que poden destruír a capa oleófuga do teu móbil, esa que evita que queden as pegadas marcadas

Con todo isto claro, xa podes empezar. Ao retirar a funda protectora atoparáste cunha desagradable sorpresa, está máis sucia do que esperabas. Sairá facilmente con auga e xabón.

Para limpar o teu móbil utiliza o típico pano das lentes, que ao ser de microfibra non solta peluxe, e é fácil que teñas un por casa. Podes humedecelo en auga para un mellor acabado, pero ten coidado con non mollar zonas sensibles como as rañuras ou a cámara. Limpa toda a superficie con movementos circulares e sécaa ben ao terminar.

Agora xa tes o teléfono limpo, pero non desinfectado de virus e bacterias. O máis recomendable é usar toalliñas que teñan un 70% de alcol isopropílicoApple recomenda as de marca Clorox, pero se non queres learte demasiado, podes facer ti o líquido na casa. Mestura 70 ml do alcol de 96º con 30 mil de auga, axita e listo. Humedece o pano de microfibra e pásaa polo teléfono.

Outros dispositivos

Esta rutina de limpeza sérveche para outros dispositivos que usas diariamente, como o ordenador, o rato ou o mando da consola ou a tele.

Para limpar os espazos entre teclas ou pequenas xuntas, bota man dun bastonciño húmido, aplicándoo sempre con moito coidado.

Recomendámosche que repitas o proceso con certa frecuencia, especialmente se compartes o ordenador coa túa familia na casa ou se lles deixas o móbil aos peques para ver os debuxos.





Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement