Responsive Ad Slot

Latest

latest

Presupuestos Xunta (Pontevedra). Rueda destaca la inversión de 3.439 euros por habitante

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

Rueda destaca o aumento do orzamento da Xunta en Pontevedra, que se eleva a 3.439 euros por habitante

Destaca que son unhas “contas históricas para a provincia”, pensadas para loitar contra a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias, das pemes e dos autónomos.

Inclúe investimentos fundamentais como o Gran Montecelo, o saneamento das rías, as estacións intermodais de Vigo e Pontevedra, melloras na mobilidade da provincia, a VAP Tui-A Guarda ou a Autovía Ramallosa-A Estrada, entre outros.



O presidente do PP de Pontevedra, Alfonso Rueda, destacou hoxe o “importante” esforzo da Xunta de Galicia para presentar uns orzamentos “extraordinarios para dar resposta a retos extraordinarios”. Unhas contas que, explicou, aumentan na provincia de Pontevedra, para a que se destinan 3.246 millóns de euros, ou o que é o mesmo, como mínimo 3.439 euros por habitante, 239 euros máis que en 2020.

“As contas amosan uns obxectivos moi claros, que son loitar contra a pandemia, reactivar a economía e atender as necesidades das familias, das pemes e dos autónomos”. Un orzamento “histórico” para a provincia que, engadiu, se consolida a rebaixa de impostos que o Goberno galego leva facendo desde 2016. “Aquí non se soben os impostos nin ás familias nin aos traballadores. Isto supón que o que deixa de ingresar a Xunta reverte nos propios fogares”. Unhas contas, subliñou, son posibles “grazas á estabilidade deste goberno e da súa xestión nos últimos anos”.

No que se refire aos investimentos, Rueda puxo en valor os 173 millóns de euros que se destinan para a provincia, 33 millóns máis que este ano. Entre eles, inclúense a reforma e ampliación do Gran Montecelo (13,50 M€); ou o Centro Integral de Saúde de Lalín (9,20 M€). Tamén se reservan máis de 18 millóns para saneamento da ría de Pontevedra, o que terá tamén incidencia nos concellos de Poio, Marín, Sanxenxo e Vilaboa. Desta cantidade, 10,4 millóns serán para EDAR e 8,3 millóns para o novo emisario submarino que permitirá alonxar os vertidos da ría. Para a ría de Vigo, inclúese un millón de euros para mellorar o sistema de depuración con actuacións en Soutomaior e Vilaboa. Outros 35 millóns para diferentes actuacións de saneamento e abastecemento noutros concellos da provincia.

Para mellorar a mobilidade, resérvanse 45 millóns de euros, con partidas importantes para o Plan de transporte público de Galicia, a estación intermodal de Vigo, o complexo intermodal de Pontevedra ou o plan de transporte metropolitano. Outras infraestruturas que inclúe o orzamento son a VAP Tui-A Guarda, a autovía da Ramallosa-A Estrada e o plan de sendas en Pontevedra e Poio.

Rueda tamén se referiu aos investimentos na cidade de Pontevedra, para os que se reservan 45,2 millóns de euros, aumentando un 38% con respecto aos de 2020. “Si hai un ano diciamos que era a lexislatura histórica de Pontevedra, con estes investimentos se verifica e consolida esa lexislatura histórica”, sinalou.

Nesta liña tamén se amosou Rafa Domínguez, presidente local do partido, que valorou que “son uns orzamentos que demostran a aposta do Goberno galego pola nosa cidade e que atende ás necesidades dos nosos veciños. Son unhas contas que cumpren coas demandas sociais e actuais, e polo tanto a satisfacción do PP de Pontevedra é plena”.

Por iso, puxo en valor os máis de 13 millóns este ano para a reforma e ampliación do Gran Montecelo, “unha obra fundamental para os nosos veciños e que servirá para mellorar a calidade asistencial dos pontevedreses”; a reforma integral da residencia de maiores de Campolongo ou as melloras no centro de menores Avelino Montero. Domínguez tamén valorou que estes orzamentos demostran que hai un compromiso “firme” coa Variante de Alba, “cun trazado consensuado” ou o arranxo da estrada vella de Marín, “unha actuación moi requirida polos veciños”. Outro dos compromisos, “irrenunciable” para os populares, é o dragado do Lérez, “hai unha partida importante no orzamento para que esta obra sexa unha realidade nos próximos anos”.

Por último, destacou que outra das grandes apostas destas contas é a educación, coa rehabilitación do IES Valle-Inclán ou a ampliación do Carlos Oroza como dous exemplos desta aposta.

Alfonso Rueda


 



Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo