sábado

PP pide al Gobierno de Deputación que sea razonable y acepte los nuevos GES

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción.

..

O PP pide á Deputación que acepte a proposta da Xunta sobre os novos GES e resolva as emerxencias da provincia

Miguel Domínguez recorda que, a pesar de non ser competencia do goberno autonómico, está facendo un importante esforzo para solucionar todas as zonas de sombra.

Dr. Miguel Domínguez
O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra pide á Deputación de Pontevedra que “acepte sen perder nin un minuto máis” a proposta da Xunta de Galicia para crear novos GES nos concellos da Lama, A Cañiza, Moraña, Mos e Redondela, e deste xeito “solucionar as zonas de sombra que existen actualmente na atención das emerxencias no interior da provincia”.

O deputado popular Miguel Domínguez recorda que as competencias en emerxencias nos concellos de menos de 20 mil habitantes recaen na Deputación de Pontevedra, e ata o de agora o Goberno provincial “non fixo máis que ofrecer escusas e non solucións, que é o que queren os cidadáns”. Por iso, entende que agora ábrese unha nova oportunidade para que “actúe responsablemente e resolva as emerxencias da provincia de unha vez por todas”.

Ademais, subliña que a Xunta vai a asumir gran parte do custo sen ter que facelo, e polo tanto a Deputación non pode seguir de costas a este problema. Por iso, pide que “se prioricen os intereses e a seguridade dos veciños” e acepte unha proposta que xorde dun estudo técnico serio e que ten en conta as isocronas para optimizar os tempos de resposta ante unha emerxencia real no que cada minuto conta para salvar vidas. “Esta proposta permitirá ter unha provincia máis segura, cun servizo máis próximo aos cidadáns e que só precisa que a Deputación asuma as súas responsabilidades e faga o que ten que facer”, conclúe.