Responsive Ad Slot

Latest

latest

O coronavirus non debe ser unha excusa para limitar o acceso á información

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

As organizacións de profesionais da información asinantes deste comunicado denuncian que as necesarias medidas de seguridade adoptadas fronte ao coronavirus están a ser utilizadas por diversas institucións, organizacións e partidos políticos como un pretexto para limitar o acceso de xornalistas e fotoperiodistas a actos informativos que son de interese para a cidadanía.

Coa escusa de que deben velar pola seguridade, prodúcense situacións nas que claramente se impide o acceso dos informadores en asuntos que poden resultar incómodos para os seus protagonistas. Pola contra, cando a esas mesmas institucións, organizacións ou partidos interésalles comunicar algo, non teñen inconveniente en comparecer e facer canutazos nos que os profesionais non poden manter as medidas de seguridade adecuadas.

Os medios de comunicación en xeral, e o fotoxornalismo en particular, non son axencias de comunicación a disposición dos interesados senón o medio para que a cidadanía reciba información veraz e plural sobre asuntos que son de interese xeral.

As organizacións firmantes deste comunicado lamentamos que a COVID-19 estea a ser utilizada como unha coartada para, en determinados casos, ocultar información. Os profesionais da información vimos demostrando que respectamos as medidas sanitarias acordadas, polo que pedimos que nos convoquen a cubrir os actos informativos con seguridade no canto de enviar gratuitamente aos medios de comunicación as fotografías ou vídeos. Con esta práctica, aplicada polos grandes clubes de fútbol, algúns partidos políticos e outras organizacións e institucións, facilitan só a información que lle interesa a quen a ofrece, polo que vulnera o dereito da cidadanía a recibir unha información veraz e plural.

Así mesmo, denunciamos que o coronavirus está a ser utilizado por diversas institucións e entidades para xeneralizar os pools de fotógrafos, unha práctica que limita o acceso dos profesionais nos actos informativos a un único medio que despois o facilita aos demais. Restrinxir con ese método o número de profesionais que poden acceder a unha cobertura informativa debera ser algo excepcional, cando existan causas xustificadas para adoptar esa medida.

A Asociación Nacional de Informadores Gráficos de Prensa e Televisión (ANIGP-TV) e as demais organizacións que subscriben este comunicado piden que, cando alguén convoque aos medios para realizar declaracións na rúa, o faga cun sistema de son que permita aos profesionais escoitar as súas palabras e realizar preguntas a unha distancia adecuada.

ASOCIACIÓN NACIONAL DE INFORMADORES GRÁFICOS DE PRENSA Y TELEVISIÓN (ANIGP-TV)
FORO DE ORGANIZACIÓNS DE XORNALISTAS (FOP)*
ASOCIACIÓN DE INFORMADORES GRÁFICOS DE BURGOS (AIGB)
ASOCIACIÓN DE INFORMADORES GRÁFICOS DE EUSKAL HERRIA (EIGE)
ASOCIACIÓN DE INFORMADORES GRÁFICOS DE PRENSA DE LA REGIÓN DE MURCIA
ASOCIACIÓN DE INFORMADORES GRÁFICOS DE LA RIOJA (AIG-RIOJA)
ASOCIACIÓN DE INFORMADORES GRÁFICOS DE TALAVERA DE LA REINA (AIGTR)
ASOCIACIÓN DE LA PRENSA DE SEVILLA
ASOCIACIÓN DE PERIODISTAS DE LA PROVINCIA DE ALICANTE
ASOCIACIÓN DE PRENSA DEPORTIVA DE ÁLAVA
ASOCIACIÓN DE LA PRENSA DEPORTIVA DEL PRINCIPADO DE ASTURIAS (APDPA)
ASOCIACIÓN DE LA PRENSA DEPORTIVA DE ZARAGOZA
ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE FOTOPERIODISTAS DE ARAGÓN (APFA)
ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE FOTOPERIODISTAS ASTURIANOS (APFA)
ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE FOTOPERIODISTAS CÁNTABROS (APFC)
ASOCIACIÓN DE REPORTEROS GRÁFICOS DE NAVARRA (AREGNA/NAGE)
COLECTIVO PROFESIONAL DE FOTOXORNALISTAS DE GALICIA
FOTORREPORTEROS DE VALLADOLID
UNIÓ DE PERIODISTES VALENCIANS.

*O FOP ESTÁ INTEGRADO POR:
COL.LEGI DE PERIODISTES DE CATALUNYA
COLEXIO PROFESIONAL DE XORNALISTAS DE GALICIA
AGRUPACIÓNS DE XORNALISTAS DE CCOO E UGT
FEDERACIÓN DE SINDICATOS DE XORNALISTAS (FESP)

UPIFC-SINDICAT DE LA IMATGE

ASOCIACIÓN NACIONAL DE INFORMADORES GRÁFICOS DE PRENSA Y TELEVISIÓN (ANIGP-TV).


Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo