Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O BNG leva ao Parlamento a “emerxencia laboral” da mocidade galega

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O BNG leva ao Parlamento a “emerxencia laboral” da mocidade galega e propón un novo Plan de emprego.

O deputado Paulo Ríos lamentou o voto desfavorable do PP á iniciativa nacionalista e cualificou á Xunta de “ ETT de traballo precario para a mocidade galega”

O BNG defendeu hoxe no Parlamento galego a elaboración dun novo Plan de emprego para a Mocidade ante a situación de precariedade agravada polas consecuencias económicas da pandemia. O parlamentario autor da iniciativa, Paulo Ríos lamentou o voto en contra do partido popular e cualifico á Xunta de “ETT de traballo precario para a mocidade”.

Na defensa da proposta, o deputado nacionalista, Paulo Rios solicitou dotar de orzamento o plan para dar alternativas laborais a unha mocidade afectada gravemente pola temporalidade e precariedade e en moitos casos, dixo, en situación de ERTE.
O parlamentario cualificou de “inasumíbel” para un país a destrución de emprego xerado pola pandemia e asegurou que neste contexto tan desfavorable a mocidade é obrigada a emigrar para optar a un traballo nunhas condicións “menos precarias”. Neste sentido, lembrou que, a maiores dos efectos da COVID, na última década emigraron de Galiza 216.413 persoas con idades entre os 16 e 54 anos das que 79.529 eran mozos e mozas de 16 a 29 anos.
Para o deputado, a mocidade galega vive unha “situación de emerxencia”, con taxas de desemprego do 26,1% e grandes dificultades dificultades para acceder a un primeiro emprego con contratos temporais e xornadas parciais. No ano 2020, afirmou, “a mocidade galega asinou 118.000 contratos de traballo dos que só o 7,2% foron de carácter indefinido e o 90,6% contratos temporais” como reflicte o Instituto Galego de Cualificacións.

O nacionalista insistiu en que os datos “non son bos pero o Partido popular empéñase en botar balóns fora” e defender unha mellora en todos os índices nos últimos meses polo que preguntou si un 90,6 % de contratos temporais é un bo resultado e si o 46% de emprego destruído dende finais do ano 2009 até o 2019 sigue sendo un bo resultado. Ríos incidiu no “desanimo” da xente moza ante a inseguridade de acceder a un emprego e un posto de traballo precario. “A mocidade galega non está segura de ter unha estabilidade económica e laboral", remarcou.

PAULO RÍOS




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement