Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Museo de Pontevedra quiere mejorar su proyecto educativo



O Museo do Prado, o Thyssen, o MUSAC, as universidades de Santiago, Valladolid, Murcia, Huelva, e País Vasco participaron hoxe no ‘I Seminario sobre Educación Patrimonial e Museos’ organizado polo Museo de Pontevedra en colaboración co grupo ‘Roda’ da Universidade de Santiago co obxectivo de amosar casos de éxito que poidan ser inspiradores para que a institución pontevedresa mellore o seu proxecto de acción educativa.


Segundo explica o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, o Museo está inmerso nun contexto de grandes cambios, sendo un deles o que se pretende levar adiante na acción educativa co fin de poñer a prioridade das actuacións nas persoas, na comunidade, na mellora da inclusión e da accesibilidade das coleccións. “É o momento de escoitar e ver que se está a facer noutros sitios para despois poder trazar unha folla de ruta e materializar os instrumentos e recursos que necesitamos”, indicou Rey, para poñer enriba da mesa a posibilidade de crear unha rede de cooperación estable cun comité científico ou asesor que poida achegar experiencia.

Neste sentido, destacou que se pretende aproveitar o coñecemento de institucións referentes e que, en breve, persoal do equipo educativo participará nunha residencia dun mes de duración no museo Thyssen co fin de coñecer o proxecto ‘EducaThyssen’, unha iniciativa aberta recentemente coa estancia no Museo do Prado da responsable de conservación de pintura do museo pontevedrés.

O seminario que tivo lugar hoxe estaba previsto para o pasado mes de abril, mais a pandemia obrigou a adialo e a facelo nun formato máis reducido e unicamente telemático. Durante o transcurso das mesas redondas e dos faladoiros falouse de novos formatos achegados tanto dende o punto de vista académico e de investigación como de experiencias e casos prácticos.

Na xornada da mañá participaron Olaia Fontal Merilla, da Universidade de Valladolid e directora do Observatorio de Educación Patrimonial de España (OEPE), Cosme Gómez da Universidade de Murcia, Myrian Martín da Universidade de Huelva, e Miguel Ángel Cajigal, da Fundación Cidade da Cultura. Posteriormente fixéronse propostas por parte de Ana Moreno (Museo del Prado), Encarna Lago (Rede Museística provincial de Lugo), Rufino Ferreras (Museo Thyssen Bornemisza), Belén Sola (MUSAC) e Álex Ibáñez, da Universidade do País Vasco, ademáis de Paula Tilve, do Museo de Pontevedra .



 



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement