"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...
Así mesmo, os expertos que avalian a expansión do coronavirus na comunidade galega acordaron incorporar ao concello de Moaña ao grupo de municipios con restricións especiais.
As medidas serán publicadas mañá no Diario Oficial de Galicia e entrarán en vigor a partir da medianoite do mércores.
Ademais, cómpre salientar que as localidades de Ribeira, Petín, A Rúa, Dumbría e A Lama, malia continuar co mesmo nivel de restricións actual, o comité clínico acordou implementar unha observación específica á súa evolución epidemiolóxica.
A Xunta de Galicia lembra a obrigatoriedade de cumprir as normas restritivas para facer fronte á pandemia, e solicita a máxima colaboración dos concellos e das Forzas de Seguridade do Estado para a vixilancia das mesmas.
Sanidade quere remarcar, unha vez máis, que se se cumpren as medidas decretadas polo Executivo galego, os concellos poderán aliviar as súas restricións.