Responsive Ad Slot

Latest

latest

Marlaska no le hace ni caso. Pilar Rojo pide que reabran el cuartel de Cerdedo-Cotobade

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

Pilar Rojo defende a reapertura do Cuartel da Garda Civil de Cerdedo-Cotobade no Senado

A popular critica que o feito de que o Goberno responda que todo funciona ben amosa un descoñecemento absoluto da situación.

Cubela lamenta o “desmantelamento” dos cuarteis da garda civil no rural da provincia, e di que fará “toda a forza posible para loitar por este servizo”.

Reclaman que se cubran todas as prazas de gardas civís –actualmente só hai dúas operativas-, que abra o posto de mando e que se unifique o cuartel para prestar atención a Cotobade.


A senadora do Partido Popular de Pontevedra, Pilar Rojo, defendeu no Senado a reapertura do Cuartel da Garda Civil de Cerdedo-Cotobade, e critica que a resposta do Goberno central a esta reclamación dicindo que todo está ben amosa un descoñecemento absoluto da situación, pero tamén da relevancia de prestar este servizo no rural.

Por iso, Rojo reclama que se cubran todas as prazas de Garda Civil no cuartel de Cerdedo, xa que das cinco dispoñibles actualmente hai só dúas operativas mentres que o resto están en comisións de servizos. Isto supón que eses gardas civís teñan que centrar a súa tarefa en patrullar, polo que o posto de mando está pechado todo o día. Por iso, os veciños de Cerdedo non poden presentar alí as súas dilixencias nin denuncias, e precisan desprazarse decenas de quilómetros para facer estes trámites.

“Están desmantelando o cuartel de Cerdedo, non teñen ningún interese en recuperar a atención nin un servizo fundamental para os cidadáns deste núcleo”, denuncia a senadora, e apunta que outra mostra desta decisión é que despois de catro anos continúan sen unificar o cuartel da Garda Civil do mesmo xeito que están o resto de servizos administrativos tras a fusión, polo que os núcleos de Cerdedo e Cotobade pertencen a diferentes cuarteis. Mentres os veciños de Cerdedo dependen do cuartel que está neste núcleo, os de Cotobade teñen que dirixirse ao de Pontevedra, que está en Poio.

Pola súa parte, o alcalde de Cerdedo-Cotobade e presidente local do partido, Jorge Cubela, sinala que “non imos quedarnos de brazos cruzados ante o desmantelamento dos cuarteis da Garda Civil nos concellos do rural da provincia, farei todo a forza posible para loitar por este servizo”, e afirma que a resposta do Goberno central a esta reclamación “evidencia o descoñecemento e o desinterese que teñen dos nosos concellos”.

Pilar Rojo Noguera


Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo