Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Líder del PP-Poio reprende actuación de Portos de Galicia (Xunta)

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O PP de Poio califica a actuación de Portos de Galicia en Raxó como unha vergonza.

O PP de Poio solicita a retirada inmediata e a colocación de elementos de seguridade acordes co lugar e co litoral no Porto de Raxó.

«O normal e coherente sería colocar elementos seguros que eviten a caída dos vehículos á praia e con estes elementos Portos de Galicia está a poñer non se evita unha posible caída», denuncia o voceiro Ángel Moldes.

Desde o PP de Poio solicitan actuacións similares ás que se realizaron en Cambados, Vilanova de Arousa ou a Illa de Arousa instalando uns elementos de protección que eviten a caída de vehículos e que vaian acordes ao entorno.

«Xa caeron persoas, vehículos e ciclistas, que están esperando a que queden atrapadas persoas debaixo dos coches?» pregunta Moldes.

«Instamos á Xunta de Galicia a que actúe para dotar de seguridade a este lugar; nós o fixemos xa en varias ocasións por escrito á propia Presidenta de Portos de Galicia: queremos que se actúe antes de que suceda unha desgraza», indica Moldes.

Desde o PP de Poio solicitan actuacións similares ás que se realizaron en Cambados, Vilanova de Arousa ou a Illa de Arousa instalando uns elementos de protección que eviten a caída de vehículos e que vaian acordes ao entorno.

«Xa caeron persoas, vehículos e ciclistas, que están esperando a que queden atrapadas persoas debaixo dos coches?» pregunta Moldes.

O PP pide ao Tripartito que actúe pensando no patrimonio de Poio “e non nas fotos” 

Trasladan ao Tripartito “o estado real dos Muíños da Freixa”, cuxo interior está “en condicións lamentables”, logo dun investimento de 18.000 € para mellorar a sinalización con fondos da Xunta: “Quedaron uns carteis moi bonitos pero olvidáronse de limpar os muíños”

A popular Rocío Cochón resalta que, nestes momentos, un investimento así só ten sentido se vai acompañado do mantemento das instalacións que queren promocionar: “non se pode trasladar esa sensación de deixadez porque para dar esta imaxe, é mellor destinar eses fondos a outro fin”.

Os representantes do PP de Poio na comisión de urbanismo trasladaron este martes ao Goberno local o seu asombro e decepción polo “estado real no que se atopan os Muiños da Freixa”, pese ao investimento de 18.000 euros comunicado pola Concellería de Turismo para mellorar a sinalización, pagado en parte con fondos da Xunta: “Quedáronlles uns carteis moi bonitos pero olvidáronse de limpar e acondicionar os Muíños”.

A concelleira do PP Rocío Cochón amosoulles aos membros do Tripartito imaxes desta mesma semana do interior de varios dos Muíños da Freixa, “nun estado lamentable”, recordando que nos últimos días desde o departamento de Turismo fixeron publicidade dunha actuación para mellorar a sinalización dos roteriros dos Muiños da Freixa e de Samieira.

Cochón explicou que esa actuación foi financiada nun 65% con fondos da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Turismo: “é dicir, trátase de partidas para mellorar a imaxe de Poio en termos turísticos”. A popular aceptou que a actuación sexa de utilidade para poñer en valor o noso patrimonio e mellorar a imaxe turística do concello, “pero iso ten que ir acompañado do mantemento dos muíños que se quere que a xente visite”.

“Xa de sair nos medios publicitando unha actuación, que menos que asegurarse de que o lugar ao que se está dando difusión estea en condicións aceptables”, indicou a popular, “porque de non ser así trasládase unha pésima imaxe do noso patrimonio, cando entendemos que o obxectivo é precisamente o contrario”.

“Pedímoslle ao Tripartito que cando actúe o faga pensando no patrimonio e non nas fotos e nas notas de prensa”, explicou Cochón: “Poñer sinais novas ten que ir acompañado da limpeza e mantemento dos muiños. O que non se pode é trasladar esa sensación de deixadez e abandono porque neses caso é mellor non facer os anuncios”.

Ángel Moldes, líder del PP en Poio.

Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement