Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo da cuentas en el Parlamento sobre la gestión gallega de la crisis Covid

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...

O presidente da Xunta compareceu hoxe no Parlamento para abordar as medidas que se están a adoptar fronte á segunda onda da covid-19


FEIJÓO ANUNCIA MELLORAS NO PROCESO DE DETECCIÓN DE CASOS COVID CUN SISTEMA DE AUTODECLARACIÓN E 300.000 NOVOS TESTS DE ANTÍXENOS DISPOÑIBLES


Adianta a aprobación no Consello do xoves dun mecanismo de financiamento por 10 millóns de euros para os sectores máis castigados.

Destaca que a Xunta deseñará co sector da hostalería instrumentos de apoio para enfocar a reapertura, como axudas para a instalación de terrazas.

Fronte a un Goberno central intermitente, asegura que a Xunta de Galicia segue e seguirá presente: tomando decisións, por difíciles que estas poidan resultar; e dando todas as explicacións, coa maior claridade e transparencia.

“Non temos máis compromiso que o de acertar; que o de protexer Galicia, o noso sistema sanitario público e o noso tecido produtivo; e conseguir que as medidas de hoxe se traduzan en boas noticias mañá”, di Núñez Feijóo.


O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe melloras no proceso de detección de casos covid cun sistema de autodeclaración e 300.000 novos tests de antíxenos dispoñibles. 


Durante a súa comparecencia no Parlamento para abordar as medidas que se están a adoptar fronte á segunda onda da covid-19, Feijóo aseverou que Galicia traballa para lograr tres obxectivos prioritarios: ter capacidade para responder á presión sanitaria; velar polas persoas e ámbitos máis vulnerables; e evitar un segundo confinamento xeneralizado, “que tería efectos moi nocivos para o presente e para o futuro”.


Para garantir o primeiro obxectivo, o titular do Executivo autonómico destacou -ademais do reforzo desde o punto de vista profesional e material do sistema sanitario público-, o esforzo constante para garantir o máis axeitado proceso de detección de casos. E, neste sentido, avanzou novas melloras, como unha maior especialización da central de seguimento de contactos e a creación de áreas específicas, como a creada para o seguimento dos casos relacionados coa educación.


Así mesmo, resaltou a implantación dun sistema de autodeclaración a través de internet, para que aquela persoa que considere que pode ser contacto dun positivo introduza os seus datos e a central de seguimento se poña en contacto con ela para facerlle a enquisa, descargando así aos profesionais de atención primaria destes casos.


“E, desde o 4 de novembro, atópanse dispoñibles na plataforma loxística do Sergas outros 300.000 tests de antíxenos para o seu uso por parte dos servizos de urxencias hospitalarias e da atención primaria”, resaltou, garantindo ademais que as persoas identificadas como contacto estreito dun positivo se dean automaticamente de alta no sistema TELEA. 


Sobre este último punto, afirmou que esta medida permitirá que -aínda que o seu seguimento diario sexa realizado pola central, polas xefaturas territoriais e polos servizos de prevención-, os profesionais de primaria dispoñan de información histórica actualizada no caso de ser finalmente positivo e converterse en paciente covid.


Velar polos máis vulnerables e evitar un novo confinamento xeneralizado

No tocante ao segundo obxectivo: velar polas persoas e ámbitos máis vulnerables, Feijóo confirmou que, a partir das vindeiras semanas, poñerase en marcha nas residencias de maiores un proxecto piloto de detección temperá a través das augas residuais, co fin de saber se hai covid nunha residencia e poder actuar antes de que haxa sintomatoloxías.


“E estamos traballando para perfeccionar o modelo de residencias hoxe e no futuro: cunha compenetración máis estreita entre os servizos sanitarios e a atención social; con melloras estruturais que axuden a responder de xeito óptimo a situacións como esta; e aproveitando o potencial das novas tecnoloxías para a monitorización da saúde e o benestar dos usuarios”, recordou. 


Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo galego referiuse tamén ao eido educativo, resaltando a responsabilidade coa que os rapaces, as familias e os traballadores educativos están a responder. E garantiu que a Xunta seguirá poñendo todo o que está ao seu alcance para que poidan continuar o curso o máis seguros posible. 


En relación ao terceiro obxectivo: evitar un novo confinamento xeneralizado, Feijóo asegurou que Galicia traballará con este fin e seguirá graduando as medidas en función da gravidade de cada momento e en función da incidencia de cada lugar.


“Lamentablemente non podemos desbotar que o modelo neste proceso sexa o de peches e aperturas progresivas ata que haxa vacina. É a única opción de controlar o avance da pandemia, mantendo un nivel de actividade aceptable”, sentenciou, incidindo en que o alivio das medidas decidirase en base a un só criterio: a proposta do  comité clínico, segundo a evolución epidemiolóxica de semanas anteriores. 


Apoio aos sectores máis castigados

No eido económico, o responsable do Goberno galego referiuse a un dos sectores “nos que vai ser preciso volcarnos nas vindeiras semanas”: o da hostalería. Sobre este punto, recordou que a Xunta aprobou, desde o primeiro minuto, axudas para paliar os efectos do peche.


“E xa adianto que tamén deseñaremos con eles instrumentos de apoio para enfocar a reapertura, como axudas a fondo perdido para a instalación de terrazas, de acordo coa normativa municipal”, dixo, anunciando tamén a aprobación no Consello de mañá dun mecanismo de financiamento específico, como a liña IFI-COVID, dotada con 10 millóns de euros, para os sectores máis castigados –vendedores ambulantes, economía social, ocio nocturno, ocio infantil…-, con tres anos de carencia e a tipo practicamente cero. 


Nesta mesma liña, e para paliar os danos que está a sufrir un dos sectores clave para a economía, destacou a necesidade de sumar esforzos, apelando ao Goberno central para que reduza ao 4% o IVE turístico e a que manteña os ERTE o tempo que sexa necesario, de acordo coas limitacións sanitarias; e para que introduza criterios que faciliten o acceso ás axudas aos autónomos. “E apelo tamén aos concellos para que contemplen unha moratoria das taxas municipais durante o tempo que dure esta situación”, resaltou.


Na súa comparecencia, o titular da Xunta fixo fincapé na necesidade de sentar as bases necesarias para afrontar a recuperación. E, nese obxectivo, recoñeceu o papel da Comisión para a reactivación creada na Cámara galega e confirmou que, neste mes de novembro, rexistrarase na Cámara unha Proposición de lei de reactivación, “que proporemos tramitar de forma áxil”, precisou, ao tempo que engadiu que nesta reactivación será clave ademais a consecución dos fondos europeos.  


Recordo aos falecidos e recoñecemento á responsabilidade de todos os galegos

Feijóo concluíu a súa intervención cun recordo para as persoas que, ata este momento, faleceron en Galicia pola covid. “A ausencia dos que se foron marcará para sempre esta época que nos tocou vivir. Nada poderá compensar a súa falta”, dixo.


Así mesmo, agradeceu unha vez máis a todos os galegos a súa resposta, marcada pola responsabilidade, a seriedade e o cumprimento das normas. E subliñou que nese esforzo colectivo estivo desde o primeiro momento, está permanentemente e seguirá estando ata que remate esta situación a Xunta de Galicia.


“Unha crise permanente como esta non se combate cun Goberno central intermitente. E por iso, contra iso, a Xunta segue e seguirá presente: tomando decisións, por difíciles que estas poidan resultar; e dando todas as explicacións, coa maior claridade e transparencia. Non temos máis compromiso que o de acertar; que o de protexer Galicia, o noso sistema sanitario público e o noso tecido produtivo; e conseguir que as medidas de hoxe se traduzan en boas noticias mañá”, aseverou.




Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement