Responsive Ad Slot

Latest

latest

"Lei de Saúde" : BNG advierte de la "chapuza jurídica" que pretende el PP

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...


"Os datos da evolución da pandemia mostran que non se está logrando unha contención nin dos contaxios, nin das hospitalizacións nin dos falecementos, pese ás semanas de confinamento perimetral na práctica totalidade do país galego e pese ao peche do sector da hostalería" entende o BNG.

"Fronte a esta situación, Feixóo segue mostrando improvisación", referen os nacionalistas. A última: o proxecto de lei do PP para reformar a Lei de Saúde de 2008, que o BNG cualifica de “chapuza xurídica”,  e que supón responder con sancións, multas de miles de euros e recorte de dereitos aos galegos e as galegas, tras mostrar un comportamento maioritariamente exemplar na pandemia.

“O proxecto de Lei de Feixóo é unha chapuza xurídica e trata as galegas e galegos  como sospeitosos habituais aos que hai que vixiar e sancionar, recorta dereitos fundamentais a través dunha lei ordinaria, obriga a vacinarse baixo pena de multa e ten afán punitivo sancionador, de feito o texto repite 71 veces a palabra sanción e prevé  multas de até 600.000 €. Por contra, non inclúe, -en 53 folios-, ningunha medida para mellorar a sanidade pública en plena pandemia”, sintetizou a portavoz nacional, Ana Pontón, tras a reunión telemática do Consello Nacional.

“O que debería estar facendo Feixóo, recalcou, é reforzar a sanidade publica, non ideando supostos para multar as familias, sobre todo cando actuaron cumprindo as normas.  Non se  vai solventar unha epidemia sanitaria a base de cambiar unha lei de saúde para enchela de restricións de dereitos e liberdades, de sancións, obrigando a vacinarse cando aínda nin existe a vacina. De feito, a cuestión é se a Xunta terá capacidade de administrala cando chegue vendo o que pasou coa campaña da gripe”.

O BNG, avanzou Pontón, vai facer “todo o posible” para evitar que a cidadanía ademais da pandemia teña que estar sometida á ameza de sancións de miles de euros, porque a COVID non é unha cuestión de responsabilidade individual. “Agora se entende porqué Feixóo utiliza ao grupo parlamentario para facer a modificación da Lei de Saúde, porque sabe que a reforma que pretende non superaría a proba do algodón xurídico, nin aprobaría os informes xurídicos preceptivos se o proxecto de lei fose do Goberno da Xunta”.

"Un proxecto que demostra, o nivel de improvisación na xestión desta crise, e que ten como gran aportación recortar dereitos fundamentais, sancionar á cidadanía, traspasando ademais a responsabilidade aos concellos, e obrigar aos galegos e as galegas a vacinarse senón queren ser multados", refere Ana Pontón.

A líder nacionalista tamén se mostrou moi crítica coa inacción do xefe do Executivo ante a situación que viven as residencias de maiores, con contaxios masivos case diarios, -o último nun centro en Vilalba-. “Segue cruzado de brazos negándose a unha intervención das residencias como senón tivese aprendido nada en oito meses, é intolerable e mesmo inhumano o abandono de funcións neste asunto”, criticou.

O BNG volve pedir a intervención de todas as residencias, a realización masiva e periódica de PCRs, máis rastrexadores para mellorar a localización de contactos e reforzo do sistema sanitario empezando pola atención primaria.

Ana Pontón                                                                                                                                  (BNG




Don't Miss
© all rights reserved
made with by templateszoo