Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación. Oposición demanda al Gobierno 10 millones para ayudar a los autónomos

"RIAS BAIXAS TRIBUNA" es una web que funciona sin ánimo de lucro alguno. Es de agradecer el interés que muestras por esta opción...


O PP reclama á Deputación un plan de 10 millóns de euros para axudar aos autónomos da provincia.
Denuncian que o Goberno provincial leva desaparecido desde xuño na xestión da COVID.
Recordan que é a única institución provincial galega que segue sen repartir un só euro de axudas para autónomos e pemes.
Consideran que é cuestión de vontade política, porque a Deputación ten capacidade económica para facelo, e poñen como exemplo os 18 millóns de euros de remanente.


O grupo provincial do Partido Popular reclamou esta mañá que a Deputación de Pontevedra aprobe un plan de investimentos extraordinarios para apoiar aos autónomos e pemes da provincia. Os deputados Jorge Cubela, Carmen Amoedo e Luis López defenderon en rolda de prensa que este plan é totalmente “necesario e vital”, porque a Deputación ten que defender os intereses económicos dos concellos e, polo tanto, non pode permanecer allea á realidade desta crise sanitaria e económica.

A proposta, segundo explicou Cubela, pasa por aprobar un plan de 10 millóns de euros que sexa específico para autónomos, pemes e hostelería, como fixo a Xunta de Galicia, como fixeron o resto de deputacións provinciais e como están reclamando os alcaldes e alcaldes de toda a provincia, independentemente da súa cor política. “É fundamental que a Deputación apoie aos autónomos, aos pequenos empresarios que co seu esforzo levantan a persiana desta provincia e que son o motor da creación de emprego”, defendeu.
O voceiro popular denunciou que “desde xuño a Deputación de Pontevedra está desaparecida na xestión da Covid. Descoñecemos en que traballa, pero é necesario que a provincia se blinde ante esta pandemia, é preciso que apoie aos concellos e aos sectores prexudicados”.
Nesta misma idea incidiu Luis López, que lamentou que “esta falta de apoio da Deputación é a mostra evidente do desprezo que amosan aos autónomos e pemes xusto no momento que máis o precisan”. Por iso, dixo que é urxente deixar de ser a única administración provincial sen un plan específico de axudas para eles.

A proposta dos populares, segundo explicou, pasa por asignar unha contía aos concellos de menos de 50 mil habitantes, fóra do plan concellos, e cada concello convoca unha subvención segundo un modelo de bases que é igual para todos os concellos da provincia. “Pedímoslle que tome como modelo o que está facendo a Deputación da Coruña, e que deixe de ser a única deputación galega que non destinou nin un só euro para os autónomos”. O obxectivo, engadiu, é axudar ao pago de gastos correntes e de funcionamento, como pode ser o aluguer, a luz, o teléfono ou a seguridade social. 

Pola súa parte, Carmen Amoedo recordou que “é cuestión de vontade política, porque a Deputación ten capacidade económica para facelo”. Recordou que conta con 18 millóns de euros de remanentes, por iso é “incomprensible” que se poña de costas ás necesidades e urxencias da provincia. Ademais, apuntou que máis de 5,5 millóns de euros dos orzamentos de 2020 foron para publicidade e propaganda de Carmela Silva. “Son momentos críticos e por iso pedimos eses 10 millóns porque hai ben de onde sacalos para axudar a un dos sectores que máis o precisan”, concluíu.



Publicar un comentario

0 Comentarios

Ad Code

Responsive Advertisement