Continúa la polémica en Poio. La Oposición (el PP) no solo lleva días apretando las clavijas al trio gobernante en el municipio, sino que ahora tampoco se calla ante las descalificaciones procedentes del otro BNG, el gobernante en el municipio de Pontevedra. Sabida es la obsesión de los Lores&cía capitalinos por cerrar al tráfico el Ponte da Barca y todo lo que se les meta entre ceja y ceja. Como desde Poio, el líder de los populares, Ángel Moldes, ha montado un gran alboroto... ahora los que gobiernan el Concello de Pontevedra le han enviado unos cuantos recados a Moldes&cía. Estos no se han callado, todo lo contrario...
Ángel Moldes advirte que “o PP seguirá defendendo a Poio” aínda que lle moleste a Lores e ao BNG
Ante as descalificacións de responsables do BNG de Pontevedra, o voceiro do PP de Poio insiste: cada vez que intenten prexudicar aos veciños do noso concello vannos ter en fronte e se seguen intentando pechar a Ponte da Barca “non o van conseguir”.
Considera que o BNG de Lores se sorprendeu porque están acostumados á sumisión e o seguidismo de Sobral e compañía “pero nós non temos máis interese que defender aos nosos veciños” e se os que atacan os dereitos dos veciños de Poio nos dedican insultos e descalificacións, “é que algo estamos facendo ben”.
O PP de Poio e o de Pontevedra están unidos contra as imposicións que impiden a mobilidade dos veciños sen criterios técnicos, por prexuízos políticos e utilizando a COVID de coartada: “A ponte da Barca leva 115 anos unindo aos nosos veciños”
“Se os amigos de Otegi e os socios de Bildu opinan que somos «o peor PP» temos que tomalo como un cumprido”, indicou Moldes, que recordou as numerosas fotos de membros do BNG local con líderes abertzales e outros persoeiros: “Esas si que son fotos pintorescas”.
Moldes dí que lle gustaría poder contar co resto dos grupos” para defender os intereses de Poio, pero ten moitas dúbidas, xa que Sobral e os seus socios sempre se someteron á disciplina dos seus partidos, pero advirte: “Non sabemos o que farán os Tres Alcaldes, pero si sabemos o que imos facer nós: defender á veciñanza de Poio”.
Logo das descalificacións vertidas este luns por responsables do BNG de Pontevedra, o presidente do PP de Poio Ángel Moldes insistiu en que en que “por moito que lle moleste a Lores e ao BNG, o PP seguirá defendendo a Poio”.
Desde o Goberno do Concello de Pontevedra lamentan que os populares pontevedreses, en especial o seu líder Rafa Domínguez, estea "baixo a tutela" do PP de Poio.“Cada vez que o BNG de Pontevedra intente prexudicar aos veciños de Poio, vainos ter en fronte”, subliñou Moldes, líder del PP en el municipio de Poio, ironizando con que os nacionalistas se sorprenderon porque “seguro que están acostumados á sumisión e o seguidismo do BNG de Poio e dos seus socios de goberno”, pero a diferencia de Sobral e compañía “nós non somos palmeiros de ninguén, nós defendemos os intereses dos nosos veciños”.
O PP do municipio veciño, segundo a portavoz municipal Anabel Gulías, "é un dous peores PP que persoalmente coñezo".
Gulías censurou que o PP de Poio estea dirixido "por un señor que esaxera e manipula", en referencia ao seu portavoz, Ángel Moldes, e que, nos últimos tempos, se caracterizou "polos escándalos e por montar líos".
A portavoz municipal censurou a "foto pintoresca de ganchete" de Domínguez e Moldes en avenida Reina Victoria que, segundo dixo, "amosa a peor cara do PP" na súa defensa dos intereses de Pontevedra.
“Fixémolo en 2013 cando intentaron cortar a ponte, facémolo cada vez que Lores e o BNG intentan que veciños de Poio perdan o seu emprego e teñan que marchar para gañar o pan das súas familias, como xa conseguiron cos traballadores de Elnosa e agora queren facer cos de Ence e outras industrias, e volvémolo facer nestes momentos cando prexudican a centos de veciños de San Salvador e de todo o noso concello”, recordou Moldes.
Para Moldes, “vista a reacción do BNG de Pontevedra, queda acreditado que están buscando como pechar a ponte da Barca e molestoulles que descubrísemos as súas artimañas”, pero sobre todo “fastídialles saber que mentres nos teñan a nós e aos veciños de Poio en fronte non van a ser capaces: Aínda lles escoce a última manifestación de veciños de Poio e Pontevedra que lles obrigou a volver a abrir a ponte” despois de que o goberno de Lores cortase un carril coa excusa dunhas obras de saneamento en 2013. Moldes recalcou ademais que “usar a COVID como coartada é lamentable incluso para o BNG”.
Moldes subliñou que o PP de Poio e Pontevedra están unidos contra as imposicións que impiden a mobilidade dos veciños “por prexuízos políticos”, e por manter aberta unha ponte “que leva 115 unindo aos veciños dos dous concellos e que só pode entenderse como un elemento de unión e non de división ou imposición”.
Moldes recalcou que máis de 12.000 persoas cruzan a diario a Ponte da Barca nas dúas direccións, e centos de veciños de Poio van traballar, a clase, a consumir ao outro concello e viceversa: “A xente de Pontevedra e de Poio teñen unha convivencia permanente e levámonos entendendo e convivindo desde sempre. Non imos permitirlle ao BNG que veña romper a convivencia».
Para o PP “Todo o que se faga ten que ser pensando na convivencia de dous concellos puxantes, que medran, que teñen poboación moza e todas as medidas deben ser consensuadas e apoiadas polos veciños de ambas marxes da ponte”, e “en ningún caso imposicións e trampas sen máis motivación que os intereses políticos”.
“Non estamos para tutelar a ninguén nin para bailarlle a auga ao BNG da capital, senón para defender os intereses dos nosos veciños, uns intereses que Lores está prexudicando e busca prexudicar aínda máis sen criterios técnicos e por puro sectarismo”, e destacou que “se os que atacan os dereitos dos veciños de Poio nos dedican insultos e descalificacións, é que algo estamos facendo ben”.
Finalmente, Moldes apuntou que “se os amigos de Otegi e os socios de Bildu opinan que somos «o peor PP» temos que tomalo como un cumprido”, e referíndose ás imaxes de encontros entre distintos responsables do BNG de Pontevedra e persoeiros condenados do independentismo catalán ou vasco: “Esas si que son fotos pintorescas”.
O presidente e voceiro do PP de Poio rematou volvendo a avisar a Lores, a Mosquera e a todo o grupo nacionalista da capital que se seguen prexudicando aos veciños de Poio que levan aos nenos ao colexio, van traballar ou teñen negocios en Pontevedra “vannos ter en fronte” e “desde logo, seguen intentando pechar a ponte da Barca contra os intereses e contra a vontade dos nosos veciños non o van conseguir”.
O voceiro popular recomendou aos nacionalistas que se queren cambiar a circulación da Ponte “que vaian de cara e lle digan aos veciños: «Queremos pechar a Ponte», pero non ir ás agachadas, sen criterios técnicos e por puro capricho político”.
“Gustaríanos poder contar co apoio do resto dos grupos políticos de Poio”, expresou Moldes, “pero temos moitas dúbidas xa que nos últimos anos Sobral e os seus socios sempre acabaron renunciando a defender os intereses dos nosos veciños” para non incomodar a Lores.
“En todo caso, o que si sabemos é que contamos co apoio da inmensa maioría dos veciños de San Salvador e de todo o Concello e non permitiremos decisións unilaterais de ningún tipo que non conten co consentimento dos veciños de Poio afectados”, asegurou Moldes. “Non sabemos o que farán os Tres Alcaldes, pero si sabemos o que imos facer nós: defender á veciñanza de Poio”.
Una de las fotos que puso de los nervios a Gulías y otros líderes gubernamentales pontevedreses... |