Han tenido que entrar en vigor las nuevas restricciones y medidas sanitarias impuestas por la Xunta de Galicia, para que algunas instituciones y organismos públicos tan dados a organizar y promover actos de todo tipo -aunque con limitaciones y aplicación de normas y cuidados vigentes- hayan entrado en razón y anunciado que aplazan o eliminan las programaciones que tenían en curso.
Menos mal. Si no hay para pan, no puede haber para estampas, cabría decir al caso. Esperemos y deseemos que a partir de ahora impere el sentido común y por quienes ocupan responsabilidades y cargos no se arriesgue lo más mínimo ante un mal tan extremadamente peligroso como es la Covid que nos acecha.
Nota de la Deputación de Pontevedra :
ADIADO O ACTO ‘ETERNA E MÚLTIPLA’ DA PROGRAMACIÓN DAS LETRAS GALEGAS POLAS NOVAS RESTRICCIÓNS COVID-19O Museo tamén apraza as súas audicións musicais previstas para esta tarde e mañá e as visitas guiadas da exposición de Quessada
A Deputación vén de tomar a decisión de adiar o acto ‘Eterna e Múltipla’ previsto para hoxe venres ás 20 horas no Museo de Pontevedra con motivo da conmemoración das Letras Galegas. Así mesmo, tamén quedan aprazadas as audicións musicais que se ían desenvolver na tarde de hoxe e mañá pola mañá no Museo de Pontevedra, ao tempo que tamén as visitas guiadas sobre a exposición de Xaime Quessada e as habituais da colección xeral.
O aprazamento débese á aplicación desde as 15 horas de hoxe das novas restricións da Xunta de Galicia con motivo da COVID-19, xa que o texto publicado polo DOG restrinxe a permanencia de grupos de persoas en espazos de uso público, tanto pechados como ao aire libre, e en espazos de uso privado no Concello de Pontevedra a só persoas conviventes. Os eventos culturais, entende a Deputación, quedan afectado por esta medida, xa que só quedan fóra da limitación de maneira expresa a asistencia e coidado a maiores, menores, dependentes ou persoas con discapacidade, actividades laborais, institucionais, empresariais, profesionais e administrativas, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais, así como no caso de práctica de deporte federado.
Tanto a deputada de Lingua María Ortega como o director do Museo de Pontevedra, Xosé Manuel Rey, manifestaron a vontade da institución de volver axendar todas as actividades adiadas tan pronto sexa posible polas circunstancias sanitarias, non estando na idea cancelar ningún dos eventos programados para esta fin de semana. “De momento non podemos concretar unha data pola situación cambiante que estamos a vivir, pero a nosa intención é manter a programación sen cancelar nada do previsto”, manifestou Ortega.
A deputada destacou que no caso de ‘Eterna e Múltipla’ as persoas inscritas para asistir foron advertidas telefónicamente do aprazamento do acto, garantindo a reserva das prazas para a futura celebración quen así o solicitou.
‘Eterna e múltipla’ foi concibido como un espectáculo híbrido baseado no “diálogo interxeneracional e interxénero” coa poesía ‘erótica’ de Carvalho Calero, a música e o audiovisual. “Trátase dun espectáculo que chamará a atención, polo que agardamos poder retomalo en breve e que todo o público poida disfrutalo, tanto de maneira presencial como a través do streaming unha vez se volva fixar a data”, subliñou.
O Museo de Pontevedra, pola súa banda, tamén cancelou a sesión de hoxe ás 19 horas e de mañá ás 11.30 h do Curso de Apreciación Musical 2020, nas que se tiña pensado desenvolver o ciclo ‘Os instrumentos da orquestra’ facendo un estudo comparado dos diferentes instrumentos da orquestra sinfónica, as súas cualidades tímbricas, os afectos que producen, e as maridaxes que poden formar.
No caso das visitas guiadas, cancélase a prevista sobre a exposición de Xaime Quessada ás 18 horas mañá sábado. Tamén quedan anuladas as visitas guiadas de carácter xeral ás coleccións do Museo ás 19 horas o sábado, e ás 12 horas o domingo. Finalmente, este domingo tamén pechará a tempada de visitas ás Ruínas de San Domingos ás 14 horas.